Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vidas cruzadas do derbi galego da ACB

As vidas cruzadas do derbi galego da ACB

Diego Epifanio e Sergi Quintela, do Obradoiro, pasaron con éxito polo cadro breoganista

Edgar Vicedo, do Breogán, tamén vestiu a camisola do conxunto santiagués

G24.gal 28/10/2026 13:28

O domingo veremos na Televisión de Galicia o primeiro derbi galego desta temporada na Liga Endesa. O Multiusos Fontes do Sar acollerá o Monbus Obradoiro-Río Breogán ás 12 do mediodía. 

Será un enfrontamento moi especial para tres xogadores, sobre todo para os dous que militan no Obradoiro. Diego Epifanio e Sergi Quintela teñen un pasado moi importante no que vai ser o seu rival do domingo. 

Sobran as palabras para falar do peso de Sergi Quintela no Breogán, o club da súa vida. O agora capitán do Obradoiro xogou no primeiro equipo do Breogán entre 2016-18 e 2019-24. Conseguiu moitos éxitos, entre outros o ascenso á ACB a carón do seu irmán Erik co que se cruzará por primeira vez na súa carreira. 

Diego Epifanio, o adestrador obradoirista, tamén deixou unha fonda pegada no Breogán co que ascendeu á ACB en 2021 e ao que adestrou dúas campañas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade