Cargando resultados...
As Tanias seguen a ser as raíñas do piragüismo na longa distancia
Volven da Arxentina a maioría dos medallistas galegos que participaron no Mundial de maratón
Tania Álvarez e Tania Fernández lograron o terceiro título na modalidade de K2 feminino
G24.gal
28/10/2026 13:54
Están de volta varios dos padexeiros galegos que participaron no Mundial de maratón na Arxentina. Entre os que volveron está o cangués Adrián Hermelo que logrou o bronce en C-2 júnior ou o catoirán Kevin Longo que brillou no C-1 sub-23.
Houbo festa para recibilos na Lavacolla, cos familiares e cos clubs aos que pertencen. O momento máis especial foi a chegada das Tanias, Tania Álvarez e Tania Fernández, campioas do mundo na modalidad de K2 por terceira vez. Aínda non regresou outro campión mundial, o pontevedrés Xaime Duro.