Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco medallas con presenza galega no Europeo de Piragüismo

Cinco medallas con presenza galega no Europeo de Piragüismo

Os padexeiros galegos firman unha grande actuación nas últimas xornadas do campionato

Imaxe da Federación Galega de Piragüismo Imaxe da Federación Galega de Piragüismo
G24.gal 29/06/2026 10:06 Última actualización 29/06/2026 13:38

O piragüismo galego demostrou a súa fortaleza cun balance de cinco medallas (un ouro, dúas pratas e dous bronces) no Campionato de Europa de Maratón 2026, disputado en Bascov-Pitesti (Rumanía). Os deportistas dos clubes galegos brillaron en diferentes categorías. 

A medalla de ouro chegou no C2 júnior masculino, onde Álvaro Pedrosa e o cangués Adrián Hermelo, do club de Mar Ría de Aldán-Gandón SA, se proclamaron campións de Europa tras dominar os 15,4 km. A dupla impúxose cun tempo de 1:12:42.20, por diante de Ucrania e Hungría. A final contou ademáis con outra embarcación galega: Miguel Custodia e Roi Dávila, ambos do Club de Piragüismo As Torres-Romería Vikinga de Catoira, que terminaron nunha quinta posición cun tempo de 1:15:51.39.

O caiac deixou dous subcampionatos para Galicia. No K2 sénior masculino, Adrián Martín e o pontevedrés Joaquín Iglesias, do club Piragüismo Rías Baixas-Boiro, rozaron o título ao quedar a só 87 centésimas dos húngaros Erdelyi e Boros, levándose finalmente a medalla de prata.

A segunda prata chegou no K2 júnior masculino, onde o pontevedrés Jaime Escuder e Pau Sánchez, do club Kayak Tudense, foron segundos con 1:33:20.75. O podio completouse cun bronce tamén galego: Os lucenses Iván e Brais Bargados, do Club Piragüismo Cidade de Lugo, que cruzaron a meta en 1:33:27.21.

Tamén se conseguiu metal na canoa. No C2 masculino có tudense, Manuel Garrido Barbosa (Kayak Tudense) e Jaime Duro, do Club Fluvial de Lugo, lograron o bronce cun tempo de 1:26:09.02, nunha proba dominada por Polonia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade