Publicador de contidos

Publicador de contidos

O piragüismo, unha terapia e alternativa de lecer para as mariscadoras

O piragüismo, unha terapia e alternativa de lecer para as mariscadoras

O Club de Piragüismo de Poio pon en marcha o proxecto Mans na Ría, onde mariscadoras da zona padexan para aliviar tensións e ter un tempo de lecer

Hai estudos que confirman que practicar piragüismo ten fins terapéuticos, tanto físicos como mentais

G24.gal 14/10/2026 14:21

Son as artesás do mar, as que preservan a pesca tradicional do marisco a pé de praia. As mariscadoras, un grupo significativo de mulleres que fan longas xornadas de traballo físico nas nosas rías. Para reducir tensións, dores e estrés, un proxecto do Club de Piragüismo de Poio téndelles a man e ponlles unha pa. Xuntas, desde hai unhas semanas, padexan nun barco dragón. 

Son mariscadoras de Combarro, Poio, Raxó e Ponte Sampaio. Soben ao barco dragón para seguir sumando forzas e tamén para destensar, nun medio que non lles é alleo.

O obxectivo é que, amais de traballar no mar, coidalo e preservalo tamén o poidan gozar cunha actividade de lecer. Padexan no mar e coas mans do mar. Ao ritmo dun tambor que, logo dunha longa xornada de traballo, axuda a sacar para fóra, a mitigar o estrés e as lesións. 

A actividade espera ter continuidade e pretende achegar o piragüismo a todo o mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade