Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mellores judokas danse cita en Lugo, que acolle o campionato nacional desta arte marcial

Os mellores judokas danse cita en Lugo, que acolle o campionato nacional desta arte marcial

A competición destaca polo nivel dos participantes, que logo pasarán a disputar os torneos europeos antes das olimpíadas

G24.gal 28/11/2026 18:30

O vicepresidente da Federación Galega de Judo, José Ramón López, di que "estamos a disputar a fase final do campionato de España absoluto e, pola tarde, o campionato de España de veteranos".

Unha cita que reúne aos mellores deste deporte en Lugo. Refire o director deportivo da federación, Iván Carballeira que "temos catro tatamis e cada zona de competición vai por pesos. Aquí sempre houbo moi bo nivel. Agora mesmo temos xente moi nova que está empezando a destacar".

É o caso de Paula Trabado, xoven promesa lucense e Jorge Álvarez, campión junior.

O judo non entende de idades, e entre os veteranos hai quen supera os 80 anos. Asegura o presidente da Federación Galega de Judo, Eduardo González, que "o judo ten tanta variedade de técnicas que é o judo o que se adapta ao deportista en lugar do deportista ao deporte".

Se prefiren velo, en Lugo hai unha cita cos mellores judokas de toda España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos