Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrol acolle o II Congreso de Persoas con Diabetes de Galicia

Ferrol acolle o II Congreso de Persoas con Diabetes de Galicia

O encontro reúne pacientes, familiares e profesionais sanitarios para falar de prevención e do acompañamento

G24.gal 28/11/2026 14:39

Moitos pacientes coinciden en que tras seren diagnósticados con diabetes xórdenlles moitas dúbidas.

"Ao principio da enfermidade, moitísimas. Cáeche o mundo enriba. Pero para iso estamos as asociacións, para axudar, para acompañar", subliña Azucena Fernández, paciente con diabetes tipo 1.

E iso é precisamente o propósito do segundo Congreso de Persoas con Diabetes de Galicia inaugurado este sábado en Ferrol, que achega, entre outros, un taller de apoio emocional.

"Galicia é a primeira comunidade onde se vai facer un cribado en nenos para detectar precozmente diabetes tipo 1 e moitas veces un diagnóstico deste tipo, dicirlles a uns pais que o seu fillo ten unhs posibilidades elevadas de ter diabetes tipo 1 crea un impacto emocional importante e existe un grupo de apoio emocional e imos tratar as emocións", explica a presidenta da Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabetes, Ana Isabel Castro.

O congreso pon de relevo que tamén hai que darlle a importancia que ten á diabetes tipo 2, para previr complicacións.

"Se o médico de familia che detecta que tes unha diabetes, tes que empezar a facer algúns cambios na túa vida: máis actividade física, conrolar un pouco a comida, non restrinxir alimentos senón controlala e facer actividade todos os días", expón Xosé García, presidente da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra e paciente de diabetes tipo 2.

En España hai arredor de seis millóns de persoas con diabetes, unha enfermidade que ten unha incidencia algo por riba da media en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar