Cargando resultados...
Unha muller morre ao recibir unha descarga eléctrica ca toma dun tractor en Vilalba
A falecida quedara atrapada na toma de forza e sufrira un golpe na cabeza trala descarga
Imaxe de arquivo
G24.gal
28/11/2026 12:10
O aviso chegou ao 112 Galicia arredor das 10:30 horas. Segundo indicou un particular, unha muller sufrira unha descarga eléctrica ca toma dun tractor no Condado, na parroquia de Carballido, en Vilalba.
Ademais, a persoa quedara atrapada na toma de forza e sufrira un golpe na cabeza trala descarga.
Ata o lugar achegáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil.
Non foi precisa a intervención dos bombeiros, pois a persoa xa estaba liberada á súa chegada.
Pese a iso e aos intentos de reanimación, nada puideron facer os servizos de emerxencias por evitar o seu falecemento.