Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xornada electoral será apacible con algún chuvasco matinal en Galicia

A xornada electoral será apacible con algún chuvasco matinal en Galicia

Os máis madrugadores tal vez precisen o paraguas para votar nas eleccións xerais, mais a gran maioría da xornada electoral desenvolverase sen choiva

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 28/11/2026 09:16

A xornada electoral deste domingo amencerá con algún chuvasco en Galicia, debido á fronte que pasará pola comunidade o sábado, pero as chuvias remitirán durante a mañá e darán paso a un día de outono apacible.

O pronóstico de MeteoGalicia para este domingo, cando os galegos están chamados ás urnas, recolle que os máis madrugadores tal vez precisen o paraguas para votar nas eleccións xerais, mais a gran maioría da xornada electoral desenvolverase sen choiva.

As primeiras horas da mañá estarán tamén marcadas por brétemas e probables néboas en zonas altas e mesmo no litoral suroeste da Coruña.

Despois, iranse abrindo grandes claros no oeste galego durante a mañá, que se estenderán a todo o territorio pola tarde.

En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas baixarán respecto ao sábado e as máximas manteranse sen cambios ou descenderán lixeiramente, especialmente na metade oriental e no litoral norte coruñés.

Nas cidades galegas, as máximas serán de 16 graos en Vigo, 15 na Coruña, Pontevedra, Ferrol e Ourense, 14 en Santiago de Compostela e 13 en Lugo.

As mínimas situaranse en 6 graos en Lugo e Ourense, 7 en Santiago e Pontevedra, 8 en Ferrol e 9 en Vigo e na Coruña.

Durante a xornada electoral, os ventos soplarán froxos de compoñente oeste e xirarán pronto a compoñente norte, con algún intervalo moderado no litoral de Pontevedra, e rolarán ao final a leste e nordés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade