Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller atropelada en Ferrol e o seu acompañante resulta ferido grave

Falece unha muller atropelada en Ferrol e o seu acompañante resulta ferido grave

O accidente ocorreu na estrada de Catabois arredor das seis e media da tarde

Lugar do accidente. Google Maps Lugar do accidente. Google Maps
G24.gal 27/11/2026 22:19

Unha muller faleceu atropelada na tarde deste venres en Ferrol. No sinistro resultou ferido grave o acompañante da vítima.

O accidente ocorreu arredor das seis e media da tarde na estrada de Catabois, cando os dous cruzaban a estrada.

Un vehículo que circulaba pola zona impactou contra eles.

O home foi trasladado ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade