Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo de 18 anos queda ferido grave logo de ser atropelado nun paso de peóns

Un mozo de 18 anos queda ferido grave logo de ser atropelado nun paso de peóns

O mozo foi atropelado por un coche cando estaba a cruzar un paso de peóns regulado por semáforo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 21/11/2026 13:37

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por un coche mentres cruzaba un paso de peóns na Avenida de Pedro Barrié de la Maza.

Como consecuencia, tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O accidente tivo lugar arredor das 21.05 horas do venres na intersección desta avenida coa rúa Modesta Goicouría, fronte ao Hotel Riazor. Segundo fontes da Policía Local, o mozo foi atropelado cando estaba a cruzar un paso de peóns regulado por semáforo.

Ademais de axentes policiais, persoal sanitario do 061 acudiu ata o lugar do suceso e encargouse de trasladar ao centro hospitalario o ferido, que se atopaba en estado de gravidade tras o atropelo.

Pola súa banda, a Policía Local mantén aberta unha investigación ao respecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade