Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha persoa en Monforte ao quedar atrapada baixo un vehículo

Morre unha persoa en Monforte ao quedar atrapada baixo un vehículo

O accidente produciuse nunha pista que sae da LU-617, en Moreda

G24.gal 10/11/2026 20:23 Última actualización 10/11/2026 20:52

Unha persoa morreu atropelada este martes en Monforte ao quedar atrapada debaixo do vehículo mentres este manobraba.

O accidente produciuse nunha pista que sae da LU-617, en Moreda.

Quen alertou foi unha veciña á que acudiron para pedir axuda, xa que a persoa atropelada estaba atrapada baixo o vehículo.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte, ademais de pedir a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ata o lugar dos feitos tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade