Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entrégase o condutor que fuxiu tras atropelar un menor que ía en patinete eléctrico en Lugo

Entrégase o condutor que fuxiu tras atropelar un menor que ía en patinete eléctrico en Lugo

O mozo tivo que ser trasladado a un centro hospitalario para recibir atención médica

Dependencias da Policía Local en Lugo. Policía Local Lugo Dependencias da Policía Local en Lugo. Policía Local Lugo
G24.gal 02/11/2026 17:01

O condutor do turismo que fuxiu o pasado martes tras atropelar un menor que circulaba en patinete eléctrico entregouse este luns á Policía Local, que abrira unha investigación para identificalo.

O suceso tivo lugar o 27 de outubro, ao redor das 20:25 horas, no cruzamento das rúas Juana La Loca e Camiño Verde, no barrio do Castiñeiro. O accidente produciuse cando xa anoitecera e terminou co menor ferido, aínda que sen lesións de gravidade.

O mozo tivo que ser trasladado a un centro hospitalario para recibir atención médica.

O condutor do vehículo non se detivo para auxiliar o menor e abandonou a zona

As testemuñas que presenciaron o ocorrido facilitaron algúns datos sobre o turismo, que describiron como un coche branco da marca Seat, posiblemente un modelo Ibiza ou León.

A partir desta información, os axentes da Policía Local iniciaron as pescudas para localizar o responsable e solicitaron as gravacións das cámaras de vixilancia dos establecementos situados nas inmediacións do lugar do accidente, co obxectivo de identificar o vehículo.

Finalmente, o condutor acudiu por iniciativa propia ás dependencias policiais de Sanfiz, onde explicou os motivos polos que abandonara o lugar. Segundo manifestou ante os axentes, marchouse porque "se puxo nervioso" tras o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade