Cargando resultados...
Unha anciá morre atropelada por un condutor cegado co sol en Barbadás
Unha muller de 80 anos que estaba coa vítima tamén quedou ferida
Unha ambulancia nas Urxencias do CHOU
G24.gal
31/10/2026 16:57
Última actualización 31/10/2026 17:48
Unha muller de 88 anos perdeu a vida este sábado nun atropelo ocorrido na rúa Ermida de Bentraces, no concello de Barbadás. O condutor do coche, veciño do municipio, cegouse co sol e colleu tamén a acompañante da falecida, de 80 anos.
Segundo informa a Garda Civil de Ourense, o home circulaba en sentido Portugal cando, ás 13:30 horas, perdeu o control do vehículo. Un particular alertou o 112 e as vítimas foron trasladadas ao hospital, onde morreu unha delas.
Ata o lugar do sinistro achegáronse tamén axentes da Policía Local, persoal sanitario do 061, membros de Protección Civil e do GES de Pereiro. O condutor, o único ocupante do turismo, deu negativo na proba de alcol e drogas.
O lugar onde ocorreu o accidente