Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos por roubar e vender material de obra dunha empresa en Fene

Tres detidos por roubar e vender material de obra dunha empresa en Fene

Empregados da empresa, situada no polígono de Vilar do Colo, aproveitaban a finalización dos traballos para apropiarse do xénero presuntamente sobrante

Os prexuízos ocasionados ascenden a 6.000 euros 

 

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 31/10/2026 11:01

A Garda Civil detivo tres persoas como presuntas autoras, en distinto grao de participación, dos delitos de apropiación indebida, receptación de material de obra, estafa e falsidade documental, ademais unha delas está sendo investigada por un delito leve de coaccións.

Con esta actuación, os axentes dan por concluída unha investigación dirixida ao esclarecemento da subtracción e posterior comercialización ilícita de material pertencente a unha empresa situada no polígono industrial de Vilar do Colo, no termo municipal de Fene.

As pescudas iniciáronse por mor da denuncia interposta polo responsable da empresa, quen trasladou aos gardas civís que varios operarios do seu persoal estaban a apoderarse de diversos elementos e subministracións de construción.

Segundo lograron determinar os investigadores, os empregados aproveitaban a finalización dos traballos contratados para apropiarse do xénero presuntamente sobrante sen contar co coñecemento nin a autorización da entidade propietaria.

Tras detraeren os efectos das obras, os implicados revendíanos a particulares ou a outras sociedades, o que ocasionou unha perda económica cuxa contía supera os 6.000 euros.

O desenvolvemento das indagacións permitiu identificar os distintos implicados na trama, tanto os responsables da apropiación indebida do material nas obras coma a quen presuntamente se encargaba da recepción dos lotes subtraídos para xestionalos e revendendelos a terceiros.

Estas, xunto coas dilixencias instruídas, foron postas ao dispor do Tribunal de Instancia de Ferrol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade