Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez participa na reunión de seguimento do accidente ferroviario de Urda

Sánchez participa na reunión de seguimento do accidente ferroviario de Urda

Celebrouse no Centro Nacional de Seguimento e Coordinación de Emerxencias de Madrid e estivo acompañado polo ministro do Interior 

EFE/ Fernando Calvo/Pool Moncloa
G24.gal 31/10/2026 11:57

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participou este sábado na reunión de seguimento e coordinación da resposta ao accidente ferroviario de Urda (Toledo), que se celebrou no Centro Nacional de Seguimento e Coordinación de Emerxencias (CENEM), en Madrid.

A Moncloa informou nun comunicado de que o presidente se reuniu con representantes dos principais organismos e institucións implicadas na xestión da traxedia do mércores pasado, para analizar as actuacións do operativo despregado e a coordinación da resposta.

No encontro, Sánchez estivo acompañado do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais reiterou o compromiso do seu executivo coas vítimas, os feridos e as súas familias.

Tamén destacou a "extraordinaria colaboración" entre Administracións, a solidariedade da cidadanía de Castela-A Mancha e a profesionalidade de todos os servidores públicos e os servizos de emerxencias, apunta A Moncloa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade