Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tráfico do AVE Ourense-Santiago deixará de controlarse desde Atocha

O tráfico do AVE Ourense-Santiago deixará de controlarse desde Atocha

Asumirao o novo centro de Adif en Galicia, situado na antiga estación de San Francisco, en Ourense 

Adif difundiu esta infografía do novo CRC de Ourense hai un ano. ADIF Adif difundiu esta infografía do novo CRC de Ourense hai un ano. ADIF
G24.gal 31/10/2026 10:31

O tráfico da liña de alta velocidade entre Ourense e Santiago deixará de xestionarse desde o cerebro operativo de Adif en Atocha e asumirao o novo centro de regulación da circulación de Galicia, sito en Ourense.

No actual centro de regulación da circulación galego, situado na antiga estación de San Francisco, traballan, simultaneamente, unha decena de persoas, segundo informan fontes do sector consultadas por Europa Press.

Adif anunciou en setembro do ano pasado un investimento de 1,1 millóns de euros para modernizalo. Entre outras cousas, a través dun comunicado de prensa, avanzou que contará cun 'videowall' de 35,14 metros cadrados e "última tecnoloxía".

O que comunicou entón o administrador ferroviario é que o novo centro de regulación da circulación, o cerebro operativo de Adif en Galicia, xestionará, "a distancia e en tempo real, a circulación de trens por toda a rede de Galicia: liñas dos tres anchos de vía que suman 1.151 quilómetros".

Isto significa que tamén levará o tramo de alta velocidade Ourense-Santiago, que na actualidade controla Atocha, desde o pasado mércores no foco das informacións polo accidentre en Urda.

"Tamén, como novidade respecto ao actual CRC, xestionará o tramo Ferrol-Ribadeo, da rede de ancho métrico. Todo o tramo en territorio galego da rede de ancho métrico", precisan fontes de Adif consultadas por Europa Press.

O novo centro está en construción e as fontes do sector consultadas apuntan que "se trata de modernizar, unificar e mellorar as instalacións", porque "falta fai". 

No actual traballan 10 persoas "simultaneamente", que controlan o tráfico de toda a rede convencional de Galicia.

"Agora contrólase todo menos o novo Madrid-Ourense (que chega ata Taboadela) e o Ourense-Santiago", explican as fontes consultadas.

De feito, co novo centro haberá outro cambio: o límite de Taboadela vai modificarse e pasará, coa posta en servizo doutro tramo (actualmente en plataforma, sen vía), a Seixalbo, máis preto de Ourense. É dicir, desde Atocha levarán Madrid-Seixalbo en lugar de Madrid-Taboadela e o Taboadela-Seixalvo actual seguirá en servizo xestionado por Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade