Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil desbota que aparezan máis cadáveres, pero retomará o rastrexo este sábado

A Garda Civil desbota que aparezan máis cadáveres, pero retomará o rastrexo este sábado

O veciño da Coruña desaparecido é un dos 69 mortos do accidente de Urda, 12 xa identificados

Atopan máis restos biolóxicos entre os restos dos trens accidentados en Urda

Antón Montero 30/10/2026 21:10 Última actualización 30/10/2026 21:22

Na zona cero do accidente xa non se espera que aparezan máis cadáveres. Por iso esta noite, vanse suspender os traballos de busca. O que si atoparon este venres foron novos restos biolóxicos. E mañá vaise seguir buscando.

Pedro Antonio Caballero, xefe do Grupo Cinolóxico da Garda Civil explicou que os novos restos "atoparonse cando se levantou un vagón do Iryo. Non se sabe se imos atopar máis, pero mañá vaise continuar por se acaso".

A cifra de 69 mortos refírse só a corpos completos, por iso o balance aínda non é definitivo. O presidente manchego, Emiliano García-Page, explicou que "ademais de corpos completos, apareceron ata 31 bolsas con restos parciais, e iso é dunha enorme complexidade". Ademais, 17 dos feridos seguen na UCI, aínda que todos evolucionan de xeito positivo.

Na zona do choque, o servizo de Criminalística da Garda Civil e os expertos xudiciais centranse agora na recollida de probas para a investigación do acontecido nun perímetro totalmente blindado. "A zona aérea está restrinxida ao voo", conta Pascual Veiga, un Garda Civil de Burela encargado de operar os drons, clave para a reconstrución dos feitos.

Veiga explica que "cada día, desde o minuto un ata que finalice o escenario, tomamos capturas completas e con estas imaxes o que facemos é unha reconstrución 3-D perfecta do escenario que serve a efectos xudiciais".

Xa se retiraron o coche 8 do AVE e dous dos tres vagóns do Iryo que descarrilaron. Tamén se recuperaron as caixas negras, que permanecen baixo custodia xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade