A xeración da auga con gas: esa bebida dálle nome á xeración Z, unha mocidade que bebe menos alcol
Desde hai un tempo tamén se coñecen como a xeración da auga con gas, porque hai estudos que indican que o consumo aumentou, e moito, entre a mocidade
Saímos á rúa para descubrilo e saber quen bebe auga con burbullas e por que
Segundo o Ministerio de Sanidade o consumo habitual de alcol entre a mocidade baixou un 60% nes últimas dúas décadas
Falamos da Xeración Z, eses mozos e mozas que agora están entre os 20 e os 30 anos. Desde hai un tempo tamén se coñecen como a xeración da auga con gas, porque hai estudos que indican que o consumo aumentou, e moito, entre a mocidade. Pero coñecían esta expresión?.
Saímos á rúa para descubrilo e saber quen bebe auga con burbullas e por que.
"Ti sabías que a xeración Z é a xeración da auga con gas? Non é a primeira vez que o escoito.
"Non o sabía a verdade, nin idea".
"Non tiña nin idea, eu de feito os meus fillos beben todos auga con gas e son desa xeración".
Álvaro García de Quevedo, presidente da Asociación Galega de Augas Minerais: "As novas xeracións, como a xeración Z, á que chaman xeración da auga con gas, fíxate o importante que é este recurso para o benestar e a saúde"
A auga mineral natural con burbullas sempre estivo con nós, pero máis aló de etiquetas xeracionais, semella que agora está de moda, e se consome máis
"Eu a auga con gas é unha cousa é unha cousa que me gusta ,habitualmente, hai xente que bebe tónica, a min é a auga con gas a que me axuda para a dixestión".
"A auga con gas, beben bastante máis a onde eu vou normalmente si".
"Ti bebes auga con gas? "Si eu sen glute" (risas...)
As burbullas gustan... Pero hai un dato: segundo o Ministerio de Sanidade o consumo habitual de alcol entre a mocidade baixou do 43% no 2006 ao 17,9 o 2026. Unha tendendia máis saudable.