Preocupación en Santiago e Coruña ante unha suposta convocatoria de Blocus
O comunicado chama a saquear e roubar este sábado na capital galega
As forzas de seguridade cuestionan a súa credibilidade pero reforzarán a vixilancia
Deteñen dez membros de Blocus España, entre eles o fundador, por instigar disturbios e saqueos
As forzas de seguridade reforzarán a vixilancia ante a suposta convocatoria da rede Blocus que chama a causar o caos en Santiago este sábado. A Coruña tamén figuraría noutra convocatoria a nivel nacional e nun informe en que se detecta actividade deste movemento violento na cidade.
Nas redes leva días circulando esta convocatoria atribuída a Blocus, que chama a saquear e roubar este sábado na capital galega. As forzas de seguridade cuestionan a súa credibilidade pero reforzarán a súa presenza ante a preocupación dos comerciantes.
Unha análise de 10.000 elementos publicados por Blocus, a quen se atribúen os disturbios en Barcelona e Bilbao, atopa indicios de actividade da rede na Coruña. E a cidade tamén figuraría nunha convocatoria nacional para causar estragos este sábado.
En Bilbao, Valencia Madrid ou Sevilla están tomando medidas por se se cumpre a ameaza de Blocus coincidindo coas celebracións de Hallowen. Unhas convocatoria que xustificaban nun comunicado que remataba así.
O que sae no vídeo foi detido pouco despois como presunto fundador e impulsor do movemento Blocus en España. Atribúenlle a creación da canle e os grupos de Telegram desde os que se coordinaron os disturbios en Barcelona.
Ten 20 anos e prendérono en Picanya, Valencia. A ofensiva contra a rede practicou detencións tamén en Barcleona, Lleida, Bilbao, Tenerife e Málaga. Catro dos dez detidos son menores