Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSOE e BNG sitúan ás políticas de PP e Vox como xerme dos disturbios urbanos

PSOE e BNG sitúan ás políticas de PP e Vox como xerme dos disturbios urbanos

O Partido Popular de Galicia lamenta que sexan "tan mornos", e lémbralles que en Galicia Vox non sacou nin un deputado

O BNG insiste en pedir explicacións pola carga "desproporcionada" da Policía Nacional durante os disturbios na Coruña 

Feijóo promete recuperar a agravante por tapar a cara en actos vandálicos e convocar en redes

Para o BNG, a carga policial da Coruña aínda está por explicar
G24.gal 27/10/2026 14:18

Tensión política e choque de discursos en Galicia tras os disturbios urbanos. A Coruña, Barcelona, Bilbao. Os socialistas sinalan directamente a raíz do problema. Esta situación, asegura Lara Méndez, "vén provocada polas políticas que están desenvolvendo PP e Vox onde gobernan. A xente sae a rúa dicir que non quere ningún recorte máis". 

Lectura coincidente coa que fan no BNG. O que me preocupa, sinala Olalla Rodil, a vicevoceira dos nacionalistas no Parlamento de Galicia "é que haxa quen desde fóra de Galicia queira xerar unha violencia que neste pais non hai".

Pero os nacionalistas van un paso máis aló e poñen a lupa na actuación policial. Rodil di que "aínda estamos agardando a que se faga algunha reflexión sobre a carga absolutamente desproporcionada" da Coruña. 

Para o PP, son mensaxes mornas e lémbranlles a socialistas e nacionalistas que en Galicia Vox non sacou ningún deputado, e "non é grazas nin aos cachorros do BNG nin aos manifestantes aos que desculpa o PSOE. É grazas á moderación pola que apostaron os galegos. Confíen máis nos galegos e menos nas forzas das pedras", conclúe Alberto Pazos.  

A carreira cara o 29N está en marcha, e todo apunta a que a polarización nacional vai ser tamén unha fronte de batalla en Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade