Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exalcalde da Pobra e a líder de Sumar en Vigo, cabezas de lista de Frente Amplio na Coruña e Pontevedra

O exalcalde da Pobra e a líder de Sumar en Vigo, cabezas de lista de Frente Amplio na Coruña e Pontevedra

Reyes Rodríguez será a número 1 da candidatura en Lugo e Juan Diego Conde ocupará este posto na provincia de Ourense

Paulo Carlos, secretario xeral de Sumar en Galicia e candidato ao Senado, será o portavoz da coalición na comunidade

Xosé Lois Piñeiro e Gloria Alonso. Fotografía de Frente Amplio Xosé Lois Piñeiro e Gloria Alonso. Fotografía de Frente Amplio
G24.gal 26/10/2026 19:57

O exalcalde da Pobra do Caramiñal Xosé Lois Piñeiro e a líder de Sumar en Vigo, Gloria Alonso, encabezan as listas de Frente Amplio ao Congreso dos Deputados polas circunscricións da Coruña e Pontevedra, respectivamente.

Ademais, Reyes Rodríguez, avogada orixinaria de Sevilla que exerce a súa profesión en Foz, será a número 1 da candidatura en Lugo e Juan Diego Conde, técnico de intervención social, ocupará este posto na provincia de Ourense.

Doutra banda, Frente Amplio tamén confirmou as persoas que concorrerán nas listas ao Senado. A educadora social e activista Rocío Núñez irá na papeleta da Coruña; o secretario xeral de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, na de Pontevedra; a economista Paula González, en Lugo; e o doutor en Educación Social Millán Brea, en Ourense.

Así mesmo, a formación tamén avanzou que Paulo Carlos será o portavoz de Frente Amplio en Galicia durante a campaña electoral, encargándose de "elevar as posicións políticas" da organización, así como de "acudir aos debates electorais ou acompañar os candidatos nas súas circunscricións".

Nas últimas eleccións xerais, Sumar logrou dous escanos en Galicia, un pola provincia de Pontevedra e outro pola Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade