Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os estudantes franceses manterán as súas protestas malia as concesións do Goberno de Macron

Os estudantes franceses manterán as súas protestas malia as concesións do Goberno de Macron

"É un paso, pero claramente insuficiente. Hai que ir máis lonxe", asegura o portavoz estudiantil Louis Letoubon sobre as propostas do Executivo 

 As organizacións universitarias fan un chamamento a sumarse á folga xeral do vindeiro 5 de novembro 

Protesta de estudantes en París. Reuters (Arquivo) Protesta de estudantes en París. Reuters (Arquivo)
G24.gal 26/10/2026 20:31

Os estudantes franceses anunciaron este luns que manteñen as protestas que principiaron hai tres semanas contra o Executivo, tras ser recibidos polo primeiro ministro, Sébastien Lecornu, que deu algunhas concesións as súas reivindicacións, que eles consideraron insuficientes.

Tras varias reunións de contacto, e despois de promover unha plataforma de consulta cos estudantes de institutos, cuxas mobilizacións foron o detonante dunha protesta que se trasladou a outros sectores, o Goberno francés anunciou unha serie de medidas, como a reforma do sistema de acceso á universidade, 1.000 millóns de euros para mellorar os edificios universitarios e outros 4.000 millóns en forma de créditos para colexios e institutos.

As propostas do Executivo francés son "insuficientes" para os estudantes 

"É un paso, pero claramente insuficiente. Hai que ir máis lonxe", asegurou o portavoz da asociación Lles Lycéens, Louis Letoubon, que xunto aos seus colegas apelou a unirse ás manifestacións programadas para o vindeiro sábado, continuar cos bloqueos de institutos a partir do próximo luns, cando acaban as vacacións escolares, e sumarse á folga xeral programada para o próximo día 5.

Convertido nun dos rostros visibles da protesta estudantil, Letoubon asegurou que "o Goberno ten medo, demostrou que está desorientado" polo que apelou a proseguir a presión "para obter o máximo".

Un acceso universitario máis transparente

A proposta do Executivo, debullada polo ministro de Educación, Edouard Geffray, inclúe unha reforma parcial do sistema de acceso á universidade que os estudantes de instituto queren derrogar totalmente.

O Goberno propón para este mércores un debate parlamentario sobre ese sistema, convencido de que o seu futuro recaerá no Executivo que saia das urnas das presidenciais de abril-maio próximo.

Os estudantes consideran que pode ser un xeito de avanzar, sabedores de que os partidos mellor situados nas sondaxes, a ultradereitista Agrupación Nacional de Marine Le Pen e a esquerdista A Francia Insubmisa de Jean-Luc Mélenchon, apostan por derrogar o actual sistema, pois consideran que é pouco comprensible e transparente, ademáis de xerar unha elite e non favorecer o ascenso social dos alumnos das zonas máis desfavorecidas.

Os sindicatos estudiantís consideran escasa a achega para renovar as instalacións educativas 

Sobre a achega económica para a renovación de edificios educativos, os estudantes opinan que a cantidade está moi lonxe do que necesitan e lembran que boa parte dos institutos do país non están preparados para as temperaturas actuais.

Geffray asegurou tamén que reducirán o número de alumnos por clase para situalo en 28, unha medida que se aplicará a partir do próximo curso na metade deles, os situados nas zonas máis deprimidas, e o seguinte o resto.

Nese sentido, anunciou que renunciarán á supresión de 836 postos de docentes que anunciaran e que crearán 500 suplementarios.

A contratación de docentes é o punto con posturas máis afastadas 

Un dos puntos nos que as concesións do Executivo coas reivindicacións estudantís pareceron máis afastadas foi a contratación de docentes universitarios. Os sindicatos reclaman 250.000 e o Goberno anunciou 15.000, dedicados esencialmente a disciplinas profesionais.

Outra das medidas anunciadas será elevar anualmente a dotación de bolsas en virtude da inflación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade