Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump afirma sen probas que cre que houbo unha "fraude" na vitoria electoral de Lula no Brasil

Trump afirma sen probas que cre que houbo unha "fraude" na vitoria electoral de Lula no Brasil

O derrotado tamén se negou a recoñecer a vitoria de Lula e anunciou que solicitará ante a Xustiza a "anulación" dos comicios

O pai de Flavio, Jair Bolsonaro, foi condenado a 27 anos de cárcere pola súa paticipación nun intento de golpe de Estado ao non recoñecer a vitoria de Lula xa no 2022 e fuxiu aos Estados Unidos

Lula gaña as eleccións no Brasil tras unha remontada inédita: "Gañou a democracia"

REUTERS/Jonathan Ernst REUTERS/Jonathan Ernst
G24.gal 26/10/2026 21:04 Última actualización 26/10/2026 22:02

 O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, afirmou este luns sen achegar ningunha proba que o respalde que houbo unha "fraude" nas eleccións de Brasil, nas que o mandatario Luiz Inácio Lula da Silva se impuxo o domingo ao ultradereitista Flávio Bolsonaro.

O vencido nas eleccións, Flavio Bolsonaro, tampouco recoñeceu a súa derrota.

"Sinceramente, non tomei partido, pero a imaxe que deu é pésima. Non apoiei a ninguén nin respaldei nada. Pero vin as eleccións e parecían moi, moi corruptas", engadiu Trump.

Lula impúxose o domingo na segunda volta das eleccións presidenciais e obtivo un cuarto mandato ao derrotar contra prognóstico a Flávio Bolsonaro, fillo do expresidente Jair Bolsonaro, que gañara a primeira volta do 4 de outubro.

Tras coñecerse o resultado, Bolsonaro negouse a recoñecer a vitoria de Lula e anunciou que solicitará ante a Xustiza a "anulación" dos comicios pola decisión xudicial que ampliou en dúas horas o horario de votación en todo o país, en resposta a unha petición da campaña do mandatario electo.

O pai de Flavio Bolsonaro, Jair Bolsonaro, foi condenado en 2025 pola corte suprema de Brasil a máis de 27 anos de cárcere por un intento de golpe de Estado para manterse no poder tras ser derrotado por Lula no 2022 e refuxiose nos Estados Unidos

A vitoria de Lula supón un revés para os plans de Trump de estender a influencia de Washington en Latinoamérica mediante gobernos de dereita aliñados coa súa axenda.

Aínda que Trump non apoiou abertamente a Flávio Bolsonaro, si lle dedicou xestos como recibilo en maio no Despacho Oval, unha honra pouco habitual para un senador estranxeiro.

Desde o seu regreso ao poder, Trump aumentou a presión sobre o Goberno de Lula e impuxo o ano pasado elevados aranceis a Brasil en resposta ao proceso xudicial contra Jair Bolsonaro, aliado do republicano durante o seu primeiro mandato, que foi condenado por intentar dar un golpe de Estado.

Lula gañou as eleccións no Brasil tras unha remontada inédita. O histórico líder do partido dos Traballadores (PT) venceu na segunda volta cun 51,79 % dos votos, fronte ao 48,21 % de Flávio Bolsonaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade