Novas
Contido coa etiqueta .
Francia
Miles de persoas maniféstanse en Francia contra o nomeamento de Barnier
07/09/2024 18:08
Partidos, sindicatos e organizacións de esquerdas convocaron preto de 150 manifestacións en toda Francia
Macron nomea o conservador Michel Barnier primeiro ministro de Francia
05/09/2024 13:46
Barnier, de 73 anos, ocupara xa o cargo de ministro con Chirac e Sarkozy e tamén de comisario europeo
Barnier foi seleccionado por Macron despois de que outras figuras que barallara anteriormente tiveran o veto da esquerda e da ultradereita
05/09/2024 12:20
A vítima pediu que o proceso que se segue en Aviñón se faga en público para que se saiba todo e ningunha outra muller sufra unha submisión química
Gisèle Pelicot, que ten agora 71 anos, foi violada inconsciente decenas de veces entre 2011 e 2020 por decenas de homes cos que contactaba o seu marido
Morren 12 migrantes nun naufraxio ao tratar de cruzar o canal da Mancha
03/09/2024 15:56
Dúas persoas están desaparecidas, máis de 50 foron rescatadas e varias quedaron feridas
26/08/2024 20:50
Faino tras constatar que non sobreviviría a mocións de censura doutros grupos
25/08/2024 19:18
Os soldados de 'La Nueve', encabezando a División Leclerc, foron os primeiros en entrar na capital francesa, en chegar ao Concello e forzar a capitulación
O seu papel dista moito de seren recoñecido, pero a súa memoria está a ser rescatada nos últimos anos
Durante a fin de semana Francia rememorou a fin da ocupación nazi con distintos actos
Un atentado contra unha sinagoga no sur de Francia deixa un policía ferido
24/08/2024 11:32
Os autores do ataque incendiaron dous vehículos nas proximidades do templo, un deles cunha bombona de gas, o que orixinou unha explosión que feriu o axente local
Macron inicia as consultas cos partidos para nomear o novo primeiro ministro
23/08/2024 11:18
A coalición de esquerdas, gañadora das pasadas eleccións lexislativas pero lonxe da maioría absoluta, mete presión para que Lucie Castets sexa a xefa do Goberno
Macron pide aos partidos consenso para logar un goberno estable
Morren dous alpinistas vascos tras caer no cume do Mont Blanc, nos Alpes franceses
21/08/2024 20:39
A súa corda deslizouse mentres ascendían a montaña a máis de 4.600 metros de altura
Un terceiro montañeiro, que ía con eles, quedou ferido leve
30/07/2024 12:00
Francia considera que o plan marroquí de autonomía para o Sáhara Occidental é "a única base para lograr unha solución política, xusta, sostible e negociada"
Unha segunda sabotaxe durante os Xogos Olímpicos afecta as telecomunicacións francesas
29/07/2024 16:54
Os cortes provocáronse en varias operadoras, con departamentos afastados entre si por todo o país
Traballan para restablecer por completo as comunicacións e servizos
A circulación de trens en Francia volverá á normalidade este luns tras as sabotaxes
27/07/2024 09:56
A Sociedade Nacional de Ferrocarrís estima que as sabotaxes afectaron 250.000 persoas este venres
O incendio en que morreron sete persoas en Niza, catro delas menores, puido ser provocado
18/07/2024 09:47
O vicealcalde de Niza avanza que a policía ten imaxes de tres sospeitosos encapuchados uns intres antes de que se declarase o lume
Macron acepta a dimisión do Goberno e pide consenso para crear unha alternativa
16/07/2024 18:56
O presidente francés fai un chamamento a traballar para construír un punto de encontro
Mélenchon suspende as negociacións co resto da esquerda francesa para acordar un candidato
15/07/2024 17:07
A coalición Nova Fronte Popular busca acordar un candidato único a primeiro ministro
O líder da Francia insubmisa acusa os socialistas de "bloqueo político", e di que non retomarán as discusións ata que estes deixen de vetar o resto das candidaturas
O facho olímpico pasa polo Bataclan, os Campos Elíseos, o Louvre e Notre Dame
14/07/2024 21:54
A icónica chama cumpriu este domingo a súa primeira etapa na capital francesa
Chegou a París doce días antes dos xogos e coincidindo coa festa nacional do 14 de xullo
Macron só nomeará un primeiro ministro cando os partidos logren un compromiso
10/07/2024 18:57
Macron sostivo igualmente que ninguén gañou realmente as eleccións, xa que "ningunha forza política obtivo soa unha maioría suficiente"
A campaña presidencial de Le Pen de 2022, investigada por financiamento ilegal
09/07/2024 12:47
A Fiscalía investiga ata seis posibles delitos da formación ultradereitista
Macron rexeita a dimisión do primeiro ministro e pídelle seguir "polo momento"
08/07/2024 12:38
O presidente francés pediulle a Gabriel Attal que siga como primeiro ministro por agora para garantir a estabilidade do país, sen fixar ningún prazo
A Nova Fronte Popular, como primeira forza na Asemblea Nacional, proporá o nome dun primeiro ministro
07/07/2024 20:17
Gabriel Attal dimite como primeiro ministro, pero ábrese a dirixir un Goberno provisional
Mélenchon, líder de A Francia Insubmisa, esíxelle a Macron que nomee un primeiro ministro da alianza de esquerdas
Bardella, candidato da Agrupación Nacional (RN), acusa a Macron de deixar o país "nos brazos da extrema esquerda"
O primeiro ministro Attal, o máis madrugador á hora de votar nas eleccións francesas
07/07/2024 14:27
O presidente Macron votou ao mediodía acompañado pola súa muller
Marine Le Pen votará no seu feudo de Henin-Beaumont, ao norte do país
Francia decide na segunda volta se lle dá o poder á ultradereita de Marine Le Pen
07/07/2024 08:25
O dato de participación, no primeiro avance das 12:00 horas, era do 26,63 %, o máis alto en varias décadas
As proxeccións de escanos coinciden en que a ultradereita logrará a vitoria, pero lonxe da maioría absoluta
06/07/2024 14:22
O partido de Marine Le Pen segue sendo favorito, pero sen maioría absoluta
O cordón sanitario contra a ultradereita aumenta a incerteza sobre o futuro goberno
A campaña francesa conclúe coa ultradereita máis lonxe da maioría absoluta
05/07/2024 20:54
Os estudos trazan un arco de 170 a 230 deputados para a ultradereita, lonxe dos 289 necesarios para controlar a Asemblea Nacional
Varios detidos en Francia sospeitosos de preparar atentados ás portas das eleccións e dos Xogos
05/07/2024 10:19
O ministro do Interior francés asegura que a ameaza terrorista é "extremadamente forte" a tres semanas do comezo dos Xogos Olímpicos de París
Os partidos franceses fan fronte común contra a ultradereita
02/07/2024 18:47
Renuncian máis de 200 candidatos de distintos partidos para evitar a dispersión do voto
A extrema dereita gaña a primeira volta das lexislativas francesas co 33 % dos votos
01/07/2024 08:58
A coalición de esquerdas da Nova Fronte Popular (NFP) obtivo o 27,99 % dos sufraxios
Algunhas sondaxes apuntan a unha posible maioría absoluta da ultradereita na segunda volta
Os de Le Pen falan de victoria "inapelable" e Macron fai un chamamento á unidade para frear a ultradereita
A ultradereita vence por primeira vez nas lexislativas francesas
30/06/2024 20:17
A Agrupacion Nacional enfrontaríase a unha fronte de partidos de esquerda e extrema esquerda na segunda volta do día 7
Le Pen aspira á maioria absoluta na segunda volta para que o seu partido poida alcanzar a xefatura do Goberno
Macron, o gran derrotado, pide unir forzas na segunda volta contra a extrema dereita
Mélenchon anuncia que a esquerda retirará as candidaturas que quedaron en terceira posición
A participación en Francia sobe 20 puntos nuns comicios coa extrema dereita de favorita
30/06/2024 14:23
O candidato da ultradereita, Bardella, parte con vantaxe, pero a incógnita radica en se logrará gobernar
A coalición de esquerdas prefigúrase como alternativa ante a decadencia do macronismo
Francia, a dez días dos comicios máis transcendentes da súa historia recente
20/06/2024 19:48
O adianto das lexislativas, unha aposta arriscada de Macron
Podería quedar sen maioría na Asemblea e cohabitar cun primeiro ministro da ultradereita
Milleiros de persoas saen á rúa en marchas contra a extrema dereita en Francia
15/06/2024 17:24
Unhas 200 protestas percorrerán o país esta fin de semana nunha mobilización masiva contra o auxe do partido de Le Pen nas europeas
A esquerda, cunha nova Fronte Popular, intenta ofrecer imaxe de unidade ante a extrema dereita
Macron convoca eleccións logo da derrota ante Le Pen e o primeiro ministro belga dimite
09/06/2024 21:16
"Non podo facer como se non pasase nada", dixo o presidente francés Emmanuel Macron nun discurso desde o Elíseo
Meloni logra unha cómoda vitoria en Italia
Un 80 aniversario do Día D marcado pola invasión de Ucraína
06/06/2024 20:01
Os líderes dos países aliados honran os heroes de Normandía
Joe Biden: "A unidade prevaleceu entón e prevalecerá agora"
80 anos do desembarco de Normandía: a actual Europa en guerra recorda a súa liberación
05/06/2024 13:03
Xefes de Estado e de Goberno participan na conmemoración, á que non se convidou ningún representante de Rusia
Os veteranos da batalla volven na que seguramente sexa a súa última vez
As protestas do agro tratan de bloquear as fronteiras con Francia en Cataluña e Euskadi
03/06/2024 11:06
As protestas, coordinadas por agricultores e gandeiros dos dous lados da fronteira, tratan de facer visibles as reivindicacións do sector na última semana das eleccións europeas
Normandía conmemora o 80 aniversario do Día D entre turistas e líderes mundiais
02/06/2024 13:14
Por primeira vez non se convidou a Rusia (como herdeira da Unión Soviética), pero si a Ucraína
Este ano haberá unha cerimonias de homenaxe á resistencia e outra á poboación civil falecida
Carlos III, Macron e Biden protagonizarán os actos centrais o 6 de xuño, a data do desembarco
Detido en Francia un checheno que preparaba un atentado contra un estadio dos Xogos Olímpicos
31/05/2024 19:34
Recoñeceu intercambiar mensaxes con persoas vinculadas ao radicalismo islámico, pero negou todas as acusacións de preparar un atentado
Segundo o Ministerio de Interior, a intención do mozo era sacrificarse el mesmo e atacar os espectadores e axentes de seguridade dun estadio en Saint Etienne
Un morto e varios feridos ao caer un raio nun campo de fútbol de Francia
24/05/2024 10:13
Macron suspende a reforma do censo que iniciou as revoltas de Nova Caledonia
23/05/2024 16:19
As revoltas independentistas remataron con 6 mortos e innumerables danos materiais
O presidente francés buscará un novo acordo global que deberán votar os residentes de Nova Caledonia
A policía mata un home armado que quería queimar unha sinagoga no norte de Francia
17/05/2024 09:23
As autoridades, de momento, descartan a pista terrorista
"Felicito a reacción e a coraxe dos axentes", indicou na súa conta de Twitter o ministro do Interior, Gérald Darmanin