Publicador de contidos

Contido coa etiqueta eleccións .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta eleccións .

Eleccións

Un cento de mozos da UE fan o Camiño para incentivar votantes primeirizos nas próximas eleccións europeas

18/03/2024 14:17

O obxectivo é superar a barreira do 42 por cento de participación entre os máis novos, nos comicios de 2019

O grupo reuniuse este luns en Compostela con eurodeputados de diversas formacións, aos que lles trasladaron as súas preocupacións


O presidente ruso Vladimir Putin nunha conferencia de prensa tras os resultados electorais (France Press)

Putin seguirá ata o 2030 no Kremlin tras lograr a súa maior vitoria electoral

17/03/2024 19:49

A oposición non puido concorrer nos comicios, xa que a CEC non rexistrou os seus candidatos 

O presidente poderá volver presentarse á reelección tras a reforma que fixo nas cláusulas da Constitución


Pedro Sánchez intervén na clausura do XV Congreso do PSC

Sánchez aposta por reforzar o autogoberno en Cataluña e abrir un tempo novo

17/03/2024 14:16

O presidente viaxa a Barcelona para apoiar o candidato do PSC

Salvador Illa quere pasar páxina do procés e servir e unir os cataláns


Trump no mitin en Ohio

Trump augura un "baño de sangue" se perde as eleccións de novembro

17/03/2024 08:32

Nun mitin en Ohio chamou "criminais" á poboación inmigrante e puxo en cuestión que sexan "persoas"


Terceira e derradeira xornada das eleccións presidenciais en Rusia

17/03/2024 08:07

Dende o venres, xa votou máis da metade dos 112 millóns de persoas chamadas ás urnas


Unha muller vota nun colexio electoral

Rusia celebra a segunda xornada das eleccións presidenciais

16/03/2024 08:14

Putin acusou a Ucraína de tentar torpedear a súa reelección con ataques e incursións fronteirizas

Seguidores do líder opositor Navalni chamaron a Occidente a non recoñecer os resultados 


Mozos de cinco estados da Unión peregrinan para promover a participación nas eleccións europeas

15/03/2024 13:55

Participan un cento de estudantes, que manterán un encontro con eurodeputados galegos


Putin busca a reelección para outros seis anos nuns comicios sen oposición real

15/03/2024 09:01

Segundo as sondaxes oficiais, Putin, que compite con outros tres candidatos, conta cunha intención de voto de máis do 80 %

En total, a comisión habilitou 93.644 colexios electorais, ao que hai que sumar outros 295 nos 144 países onde viven cidadáns rusos


Aragonès adianta as eleccións ao 12 de maio e Junts dá por feito que Puigdemont será o seu candidato

13/03/2024 17:37

Puigdemont di que poderá acudir ao debate de investidura

Illa di que o PSC e el mesmo están preparados para as eleccións

Os comicios coincidirán coa recta final da lei da amnistía

Categorías:  España   Política

O PP pide a dimisión de Tezanos por un artigo sobre os resultados electorais en Galicia

12/03/2024 16:00

Tezanos atribúe nese artigo a vitoria popular en Galicia ás axudas que repartiu o partido en campaña

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   CIS

O presidente de Portugal comezará este martes as consultas cos partidos

11/03/2024 17:14

Primeiro recibirá o Partido Animalista e o último será Alianza Democrática o 20 de marzo

A centrodereita gaña en Portugal pola mínima e Montenegro buscará formar Goberno


O candidato de Aliança Democrática Luís Montenegro

A centrodereita gaña en Portugal pola mínima e Montenegro buscará formar Goberno

10/03/2024 21:22

O candidato de Aliança Democrática Luís Montenegro di que está preparado para gobernar e fai un chamamento ao diálogo, aínda que mantén a súa negativa a pactar coa ultradereita 

O socialista Nuno Santos recoñece a derrota e asegura que liderará a oposición

O triunfador da noite é o partido de dereita radical Chega, que cuadriplica os resultados de 2022

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   PORTUGAL

Consenso entre socialistas e centrodereita de Portugal sobre a alta velocidade no Eixo Atlántico

10/03/2024 15:03

Segue a ser unha prioridade, sobre todo para o candidato do Partido Socialista

O secretario do Eixo Atlántico di que só a ultradereita de Chega podería alterar ese entendemento

 

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   PORTUGAL

Pechan todos os centros electorais en Portugal

10/03/2024 09:11

A participación a media tarde era do 51,96 %, a máis alta dende o ano 2015

Uns 10,8 millóns de persoas están chamadas a votar nestes comicios lexislativos

Os favoritos son o socialista Pedro Nuno Santos e o conservador Luís Montenegro


Portugal prepárase para elixir goberno este domingo

09/03/2024 14:35

As sondaxes danlle vantaxe á dereita, pero sen maioría absoluta

O papel da ultradereita, que se prevé que suba, pode ser clave

Aínda hai moitos indecisos e pesa tamén a pantasma da abstención

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS

REUTERS

Os conservadores lideran as sondaxes nas eleccións portuguesas, pero sen maioría absoluta

08/03/2024 15:47

Dependerán da ultradereita para gobernaren

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   PORTUGAL

Portugal entra na última semana de campaña cun 17 % de indecisos

04/03/2024 20:18

Maís de 200.000 cidadáns xa votaron por adiantado

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   PORTUGAL

As sondaxes apuntan a un empate entre conservadores e socialistas en Portugal

03/03/2024 17:53

As sondaxes divulgadas pola prensa lusa unha semana antes dos comicios danlle unha lixeira maioría á dereita


Donald Trump gaña en Misuri, Míchigan e Idaho e achégase máis á candidatura

03/03/2024 08:08

O expresidente acumula 244 delegados e a súa rival, Nikki Haley, suma 24


Quedan cen días para as eleccións europeas

01/03/2024 17:14

As eleccións ao Parlamento Europeo do próximo 9 de xuño serán as novenas en que voten os galegos

A política agrícola e pesqueira común, a transición ecolóxica ou a seguridade son algúns dos retos que afrontarán os 27 nos próximos 5 anos


Os candidatos Pedro Nuno Santos (PS) e Luís Montenegro (AD)

Arranca a campaña electoral en Portugal cun escenario de gobernabilidade incerto

25/02/2024 17:02

Pedro Nuno Santos (PS) e Luís Montenegro (AD) posiciónanse como os favoritos nas enquisas

Ambos os dous partidos deberán explicar medidas fronte a corrupción, tras estar implicados en dous casos recentes

A crise da vivenda que sofre Portugal será un tema importante na campaña electoral


Trump gaña as primarias en Carolina do Sur por ampla marxe sobre Nikki Haley

25/02/2024 09:14

Cada vez está máis preto de se converter no candidato oficial republicano para as eleccións de novembro

A súa rival, Nikki Haley, volveu proclamar que non se retira da carreira, malia perder no seu estado natal

 

Categorías:  Mundo   Política

O lehendakari anuncia eleccións en Euskadi para o 21 de abril

22/02/2024 19:11

Urkullu eloxia o pacto entre o PNV e os socialistas

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS

O CIS outorga un empate técnico ao PP e PSOE se se celebrasen eleccións xerais

12/02/2024 14:17

O PP obtería o 33,2 % e o PSOE o 33 %, segundo a estimación de voto do CIS no seu barómetro de febreiro, que tamén augura a consolidación de Sumar como terceira forza cun 10,2 %

Vox mantense en cuarto lugar, co 7,9 % e Podemos levaría o 2,9 %

ERC chega ao 2,1 % de voto estimado e Junts cae ata o 1 % de apoios

O BNG obtén o 0,7 %


O presidente salvadoreño Nayib Bukele anuncia que foi reelixido co 85 % dos votos

05/02/2024 04:58

Bukele converteríase no primeiro presidente do Salvador en ser reelixido, a pesar da prohibición constitucional, desde que o país deixou unha ditadura militar de varias décadas e entrou en democracia


Joe Biden nos Ánxeles este sábado

Biden gaña Carolina do Sur nunha cita clave para medir o apoio afroamericano

04/02/2024 08:14

Acadou o 96,2 % do voto e deixou moi por baixo as dúas principais rivais: Williamson (2,1 %) e Phillips (1,7 %)

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   OS EUA

A aspirante a lehendakaritza de Podemos Euskadi, Miren Gorrotxategi, no centro (EFE)

Podemos e Sumar chegan a un preacordo para concorrer en coalición ás eleccións de Euskadi

02/02/2024 19:27

Miren Gorrotxategi será a lehendakaritza por Podemos Euskadi


Sobresén a causa por posibles irregularidades nas eleccións en Castro Caldelas

01/02/2024 21:02

Arquívase provisionalmente ao non apreciárense indicios suficientes de delito electoral no voto por correo de varios anciáns dunha residencia


Trump gaña en New Hampshire e reforza o seu liderado no Partido republicano

24/01/2024 03:05

Nikky Haley felicita a Trump pero dille que a carreira está lonxe de rematar

O expresidente dos EUA sacoulle a quen foi con el embaixadora ante a ONU dez puntos nos caucus de New Hampshire

A campaña de Joe Biden ve a Trump como o virtual candidato 


 


O presidente portugués disolve o Parlamento e fixa eleccións para o 10 de marzo

15/01/2024 16:08

Os comicios chegan despois da crise política aberta coa dimisión do primeiro ministro, o socialista António Costa

Costa renunciou ao ser investigado por prevaricación


Eleccións europeas: o PP gañaría por nove puntos e Montero lograría escano para Podemos

02/01/2024 09:13

Unha sondaxe elaborada para o xornal El Mundo concede 25 eurodeputados ao PP, 19 ao PSOE, 7 a Vox, e 6 a Sumar


Sondaxe: O PP baixa, pero mantén a maioría absoluta; o BNG sobe e o PSdeG non varía

01/01/2024 09:04

A sondaxe, realizada para o xornal El Español, non lle concede representación nin a Sumar, nin a Podemos, nin a Vox


Pablo Iglesias nunha imaxe de arquivo con Yolanda Díaz ao fondo

O 62 % das bases de Podemos Galicia rexeita ir con Sumar ás autonómicas

30/12/2023 10:29

Pablo Iglesias desaprobara a coalición e pedira o voto para o BNG

Juan Carlos Monedero defendía votar si para non fracturar a esquerda


Valentín García será o coordinador do programa electoral do PPdeG

29/12/2023 15:01

Os populares din que será un programa vivo e participativo aberto ás achegas de todos os sectores sociais

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  PPDEG   ELECCIÓNS

Os inscritos de Podemos teñen ata a medianoite deste venres para votar sobre o pacto con Sumar

29/12/2023 13:42

Yolanda Díaz fai un chamamento á unidade das forzas progresistas de Galicia

Pablo Iglesias rexeita o acordo e pide o voto para o BNG

A dirección nacional de Podemos deixa a decisión en mans da organización en Galicia


Yolanda Díaz presentou a candidatura de Marta Lois en Santiago

Marta Lois liderará a coalición de Sumar con Podemos e Esquerda Unida para o 18F

27/12/2023 18:53

Queda pendente que as direccións de Podemos e Esquerda Unida ratifiquen o acordo

Desde Sumar non concretaron cando deixará a portavocía no Congreso Marta Lois, pero si confirmaron que será antes do día das eleccións

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS   SUMAR

O nomeamento de Marta Lois como candidata de Sumar semella inminente

26/12/2023 21:05

Nestes momentos perfílase como a candidata máis probable

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ELECCIÓNS

Vieites: "Hai unha revisión xudicial sistemática dos proxectos eólicos en Galicia"

24/12/2023 09:45

O presidente da CEG pide superar os atascos na eólica terrestre e mariña para evitar perdas millonarias


PSdeG e BNG din estar preparados para un goberno de cambio

21/12/2023 18:08

Os partidos da oposición celebran a convocatoria de eleccións en Galicia

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  BNG   ELECCIÓNS   PSDEG

O PP gañaría as eleccións xerais, segundo o CIS

21/12/2023 14:49

Os populares mantéñense como primeira forza, aínda que perden sete décimas respecto ao barómetro de novembro

O PSOE sobe medio punto e Sumar mantense na terceira praza, por diante de Vox

Categorías:  España   Política
Publicidade
Publicidade