Novas
Contido coa etiqueta .
Multas

Cachan na Coruña tres persoas con cámaras no teórico de conducir
16/09/2023 11:48
Terán que pagar unha multa de 500 euros e non poderán presentarse ao exame en seis meses

O Supremo absolve de prisión a dona dun bar da Coruña que pirateou partidos de fútbol
29/08/2023 09:15
Absólvea da pena de seis meses de prisión e reduce a multa a 540 euros só por un delito contra o mercado
O Supremo absólvea do delito contra a propiedade intelectual porque os bares que piratean a retransmisión de fútbol incorren nun delito ao mercado castigado con multa

Anulan a multa dun radar fixo de Vigo por non achegar dúas fotos diferentes
21/08/2023 14:44
O condutor fora multado por exceso de velocidade na avenida Clara Campoamor
Os radares fixos teñen que facer unha segunda foto noutro instante diferente da infracción

Unha cámara detectará os condutores que salten un stop ou unha liña continua
13/07/2023 08:26
Saltar un Stop implica unha multa de 200 euros e a retirada de catro puntos do carné de conducir
A falta de respecto da liña continua é unha das causas das colisións laterais

A Garda Civil incautouse de 698 quilos de sardiña en Ribeira
28/07/2023 08:56
Na inspección do barco localizaron 60 caixas (698 quilos) ocultas con sardiña a bordo detrás doutras caixas

Denuncian ilegalidades nas sancións de Tráfico por exceso de velocidade
24/07/2023 14:41
A asociación Automobilistas Europeos acusa a DXT de non aplicar a marxe de erro dos radares
Esa marxe é do 5% no caso dos radares fixos e do 7% nos móbiles

Os delitos de tráfico medraron despois da pandemia ata cifras nunca vistas
13/07/2023 14:35
No 2022 superáronse por vez primeira as 100.000 condenas, un 30 % máis ca en 2019
Conducir baixo os efectos do alcohol é o delito máis frecuente

Unha parella que chegou desde Suíza en tractor queda atrapada en Bergondo
02/07/2023 21:37
A Garda Civil de Tráfico da Coruña inmobilizoulles o vehículo

Identificado o condutor que circulou en sentido contrario pola N-6 en Bergondo
01/07/2023 13:19
Percorreu 300 metros pero non se cruzou con ningún coche
Terá que pagar 500 euros e quitaranlle 6 puntos do carné

Detido en Lugo por circular a máis de 200 por hora nun tramo limitado a 100
14/06/2023 21:03
O condutor é un veciño de Madrid ao que imputan un delito contra a seguridade do tráfico