Publicador de contidos

Contido coa etiqueta a-52 .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta a-52 .

A-52

Os usuarios da autovía A-52 denuncian o mal estado da calzada

19/03/2024 14:29

O tramo desde O Porriño á Cañiza rexistrou máis dunha vintena de accidentes nos últimos meses

Os usuarios reclaman a reparación do firme e das fochancas


Obrigan o Estado a indemnizar dous motoristas por un accidente nunhas fochancas da A-52

19/02/2024 14:10

O Ministerio de Transportes terá que pagar 26.000 euros ás vítimas pola mala conservación da vía

Os usuarios da Autovía das Rías Baixas levan tempo denunciando a deterioración do firme


Arquivo

Interceptada unha condutora ebria en sentido contrario na A-52

19/02/2024 13:41

Quintuplicaba a taxa máxima permitida de alcol

Circulou 14 quilómetros en sentido contrario á altura de Riós 


Interceptan un octoxenario que circulou cinco quilómetros en sentido contrario pola A-52

12/01/2024 11:29

O condutor, que deu negativo nas probas de alcoholemia, presentaba signos de desorientación cando os axentes lle deron o alto

Etiquetas:  A-52   KAMIKACE

Usuarios da A-52 denuncian o mal estado desta autovía que une Galicia coa meseta

10/01/2024 14:13

Por esta vía circulan unha media de 10.000 vehículos ao día, en que os condutores atopan fochancas e varios tramos cortados


Baltar nega ante o Supremo que conducise a máis de 200 por hora pola A-52

19/12/2023 13:36

Confirmouno o seu avogado, quen apuntou que non houbo unha acción delituosa

Categorías:  Galicia   Política

Retencións na A-52 por mor das obras no viaduto da Valenzá

22/10/2023 18:01

O de Allariz xa está aberto por completo ao tráfico tras remataren as obras de mellora


Nas obras de drenaxe do treito da A-52 afectado polas bolsas de auga traballa unha soa máquina

Queixas pola lentitude das obras de drenaxe na A-52 na zona que rexistrou un accidente mortal

04/10/2023 13:51

Unha soa máquina leva dous meses traballando no treito de 3 quilómetros entre Ponteareas e o túnel da Cañiza


Imaxe da cámara da DXT

Restablecido o tráfico no túnel de Folgoso, na A-52, tras o incendio dun vehículo

11/09/2023 20:14

Un vehículo que ardeu obrigou a pechar o túnel

O incidente provocou retencións quilométricas

Categorías:  A Cañiza   Sociedade
Etiquetas:  A-52   ACCIDENTE

Imaxes das cámaras da DXT na Vilavella na A-52 esta noite co treito aberto ao tráfico

Reabre ao tráfico a A-52 tras unha xornada de caos na entrada e saída de Galicia por Ourense polo incendio dun camión

27/08/2023 22:38

As retencións quilométricas entre A Mezquita e Lubián, con condutores atrapados durante máis de tres horas, desapareceron aos poucos

A autovía das Rías Baixas permaneceu cortada desde pouco antes das sete da mañá deste domingo polo incendio dun camión que transportaba chocolate 

 


Imaxes desta tarde das cámaras da DXT na A-52 coas retencións á altura da Vilavella e no desvío habilitado

Retencións quilométricas na A-52 e na N-525 polo corte de tráfico tras o incendio dun camión

27/08/2023 19:09

O lume no vehículo articulado obrigou a cortar desde primeira hora do domingo o tráfico na autovía das Rías Baixas, a A-52, ao seu paso pola provincia de Zamora

O tráfico desvíase de xeito provisional pola N-5215 á altura do concello ourensán da Mezquita

O camión incendiado xa foi retirado contra as 21 horas pero o tráfico aínda non está aberto no lugar onde traballan na limpeza os operarios


A Garda Civil regula o tráfico na A-52 na Vilavella polo incendio dun camión

Cortada a A-52 nos dous sentidos polo incendio dun camión no límite entre Ourense e Zamora

27/08/2023 10:02

O tráfico desviouse pola N-525 entre A Vilavella, en Ourense, e Lubián, en Zamora, entre os quilómetros 117.1 na Vilavella, en Ourense, ata o 107 en Lubián, en Zamora

Hai tamén conxestión ou retencións por circulación irregular n A-52 desde o quilómetro 126 na Gudiña, en Ourense, ao 117 na Vilavella, tamén en Ourense


As obras na A-52 preto da Cañiza provocan retencións puntuais

07/08/2023 14:27

Nótanse máis nestes meses de verán polo incremento do tráfico

Os traballos son para mellorar a drenaxe en varios quilómetros 


O Goberno de España fará obras de mellora polas deficiencias graves na A-52

14/06/2023 14:21

A autovía A-52 é unha das peor valoradas do estado pola cantidade de sinistros que se producen nalgúns dos seus tramos

 Entre novembro e xaneiro, é dicir, en dous meses, esta estrada deixou un balance de dez feridos e unha vítima mortal

 


Desvío provisional no enlace entre A-52 e A-55 en Tui

07/06/2023 14:05

Hoxe habilitouse un ramal no quilómetro 14 dirección Tui

As obras de mellora da ponte sobre o río Louro durarán catro meses


Ramal de unión da A55 coa A52 (Google Maps)

O ramal que une a A55 coa A52 sufrirá un corte de tráfico durante catro meses

05/06/2023 19:06

As obras consistirán na substitución e mellora do sistema de contención de vehículos da marxe dereita do ramal


Unha grúa traslada o coche implicado no accidente

Un home de 79 anos falece atropelado na A-52 á altura de Taboadela

14/05/2023 19:12

Segundo o subsector de Tráfico de Ourense, camiñaba pola autoestrada e tentou cruzar

Era veciño dunha aldea da zona e padecía alzhéimer


O envorco dun camión na A-52 en Barbadás obrigou a cortar un carril

13/04/2023 11:05

Un guindastre tivo que retirar o camión, que ía cheo de pitos vivos



Os usuarios da A-52 demandan melloras no firme desta vía

10/01/2023 13:40

Os que o fan a diario quéixanse do seu estado

Publicidade
Publicidade