Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 79 anos falece atropelado na A-52 á altura de Taboadela

Un home de 79 anos falece atropelado na A-52 á altura de Taboadela

Segundo o subsector de Tráfico de Ourense, camiñaba pola autoestrada e tentou cruzar

Era veciño dunha aldea da zona e padecía alzhéimer

Unha grúa traslada o coche implicado no accidente Unha grúa traslada o coche implicado no accidente
G24.gal 14/05/2023 19:12 Última actualización 14/05/2023 21:20

Un home faleceu este domingo pola tarde na A-52, á altura do concello de Taboadela. Segundo informa o subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, camiñaba pola beiravía da autoestrada en dirección contraria ao sentido da marcha e tentou cruzar.

A vítima, de 79 anos, era dunha aldea da zona e padecía alzhéimer. Agora, investigan as circunstancias do accidente e tentan esclarecer como accedeu á autoestrada e os motivos.

As forzas de seguridade recibiron dúas chamadas de alerta, a primeira para informar da presenza do peón e a segunda, cando unha unidade xa se desprazaba ata o lugar, para dar conta do atropelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade