Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OMS, preocupada polo avance do ébola na África subsahariana

A OMS, preocupada polo avance do ébola na África subsahariana

Hospitalizados en Italia dous viaxeiros con febre procedentes de Uganda e activa a alerta por ébola

A OMS eleva a 220 as mortes sospeitosas e a máis de 900 os casos polo gromo de ébola detectado o 15 de maio

O período de incubación do virus do ébola está entre 8 e 20 días
G24.gal 26/05/2026 14:15

O gromo de ébola detectado na República Democrática do Congo o pasado 15 de maio estase propagando moi rápido.  Así o recoñeceu o director xeral da OMS nas súas redes sociais. As cifran falan xa de 220 mortes sospeitosas e máis de 900 casos detectados. O gromo actual aféctalles sobre todo ao Congo e aos países fronteirizos como Uganda, onde xa se detectaron 7 casos.

"Non teñen auga, non teñen xabón, e logo están nunha situación bélica, está a xente movéndose, non teñen infraestruturas sanitarias. A situación para alí é unha situación terrible", explica Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC

Aínda que a nivel mundial o risco é baixo, as autoridades están vixiantes. En Italia son xa dúas as persoas hospitalizadas con febre, un dos síntomas do ébola. Son viaxeiros chegados de Uganda. Dos que regresan a maioría son voluntarios que traballan sobre o terreo.

"Algún sanitario ou algún cooperante que poida estar nesa zona e que poida regresar a Europa, se vén infectado pois xa temos experiencia do gromo do 2014, o que hai que facer", apunta o experto.

Son 17 os gromos de ébola detectados dende o 1976. A cepa casusante deste último é a Bundibugyo, unha das máis descoñecidas cun período de incubación que pode chegar ata a vinte días. Para as outras variantes xa hai vacinas e tratamentos. Para esta aínda non teñen armas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade