O Mecalia Guardés desata a paixón na Guarda tras gañar a European Cup
O equipo de balonmán feminino precisa novos patrocinadores
Moito choveu desque en 1967 naceu no patio de terra dos Somascos o primeiro Atlético Guardés. Houbo moitas camisolas e mesmo minisaias, pero os tempos son outros e logo da liga veu a European Cup tras derrotar o MSK Iuventa eslovaco na Sangriña. O pavillón tremeu e a festa rematou aquí na Fonte do Mariñeiro co baño de masas, nin sequera notaron o frío que estaba a auga.
Monumentos, tendas, bonecos, escaparates, bares e balcóns locen as camisolas e as camisolas e as bufandas do equipo que conmove a todos os guardeses que viven un ano redondo tras a rodaxe de Rondallas e o recoñecemento dunha marca de bombóns.
Esta tarde serán recibidos polo presidente da Xunta, esta semana pasearan pola vila nun bus descoberto como cando gañaron a liga, e o venres cearán coa peña O Inferno.
Pero aínda hai algo que lles faría moita máis ilusión: conseguir un novo patrocinador institucional e a continuidade de Ana Seabra, a súa adestradora.