Veszprém e Porto enfrontaranse na final do Interpontes
Os húngaros venceron o Cisne por 21-45 e levaron a iniciativa despois dun parcial de 0-11
O Porto venceu ao Balonmán Cangas na outra semifinal por 21-36
A final entre Veszprém e Porto verémola hoxe ás 19:00 na G2 e AGalega
Montaxe con imaxes de @torneointerpontes
O Veszprém venceu na primeira semifinal ao Cisne de Pontevedra (21-45). Os húngaros non deron opción e dominaron o encontro a partir dun parcial de 0-11 cando o partido estaba todavía igualado (4-5).
Un factor diferencial para ese bo momento do conxunto de Xavi Pascual foi Appelgren. O porteiro sueco fixo varaias paradas de mérito para evitar os goles do Cisne. A sequía para os pontevedreses remataríaa Bruno Landim dende os sete metros.
Aínda así, e cos ex do Barça Emil Nielsen e Thiagus Petrus descansando, o equipo de Champions non afouxou e ampliou a súa vantaxe ata poñer o marcador final.
Na outra semifinal, o Porto, que tamén disputa Champions, gañou o seu partido contra o Balonmán Cangas. O partido estivo durante moito tempo igualado.
O Frigoríficos do Morrazo arrancou cun parcial de 5-0, pero os axustes defensivos que plantexaron os protugueses cambiaron a dinámica do encontro. Un parcial de 1-6 ao final da primeira metade e outro 0-6 no comezo do segundo tempo fixeron que o Porto obtivese a vitoria.
Hoxe dispútase a gran final deste torneo. Veszprém e Porto enfróntanse no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra dende as 19:00. O partido poderémolo ver na G2 e en AGalega.