Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe ás campioas do mundo: "Esta xeración entra na historia do fútbol"

Homenaxe ás campioas do mundo: "Esta xeración entra na historia do fútbol"

As campioas do mundo sub-20 foron homenaxeadas pola Federación

Marisa García e Ainoa Gómez, dúas deportivistas no máis alto

G24.gal 28/09/2026 18:07

A Federación Española de Fútbol homenaxeou este luns a selección española sub-20 feminina para celebrar o Mundial conquistado en Polonia. A selección española impúxose a Corea do Norte, actual selección campioa, nos penaltis, cunha grande actuación da porteira do Real Madrid Laia López, que detivo dous penaltis. 

Rafael Louzán, presidente da RFEF, recibiu as xogadoras e asegurou que están "ilusionando todo un país". É o segundo título mundial para esta selección, despois do logrado no 2022 contra Xapón.

No equipo campión do mundo hai dúas xogadoras do Deportivo da Coruña, Marisa García e Ainoa Gómez. Ainoa foi titular na final e Marisa saíu desde o banco e foi unha das anotadoras na tanda de penaltis. 

España convértese así en campioa do mundo en tres categorías diferentes de maneira simultánea: coa selección masculina absoluta, coa selección feminina absoluta e coa feminina sub-20. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade