Cargando resultados...
Un polémico gol sobre a bucina cústalle ao Cangas a derrota co Bidasoa (32-33)
So dous segundos abondáronlles aos irundarras para marcar o tanto, o que protestou moito O Gatañal
Segunda derrota dos cangueses neste inicio da Liga Asobal
Foto: @CDBidasoaIrun
G24.gal
19/09/2026 19:53
O Cangas Frigoríficos do Morrazo sufriu unha polémica derrota pola mínima ante o Bidasoa no Gatañal.
Logo dun encontro igualado, todo decidíuse nuns últimos intres de tolos. Samuel Pereiro poñía no marcador un empate a 32 a falta de só tres segundos. Nese escaso tempo restante, os visitantes lograron o 32 a 33 definitivo por medio de Mario Nevado. Dentro ou fóra de tempo?
Os árbitros déronlle validez a acción e o Cangas sumou así a súa segunda derrota tras dúas xornadas disputadas.