Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán cae co Dziki Varsovia (113-110) e queda fóra da Basketball Champions League

O Breogán cae co Dziki Varsovia (113-110) e queda fóra da Basketball Champions League

Os lugueses, eliminados na final da fase previa da competición despois de pasar dúas roldas

Foto: @BasketballCL
G24.gal 19/09/2026 20:32

A vixencia do soño europeo do Río Breogán estivo nun lanzamento de Francis Alonso para levar á prórroga o partido contra o Dziki Varsovia. Non entrou a tripla do malagueño, autor de 29 puntos, e os lucenses quedan a dous pasos da fase de grupos da BCL.

Pero é que de entrar sería a culminacion dunha milagre. Vexan senón o marcador ao final do terceiro cuarto, 20 arriba para os polacos. Incluso no baloncesto de hoxe en día, con ataques ultra rápidos, apañar 95 puntos en tres cuartos é unha lousa case imposible de superar.

A defensa do Breogán fixo augas, concedendo multitude de lanzamentos sinxelos ao rival. Sobre todo desde o exterior, con 19 triplas e unha porcentaxe superior ao 50 por cento. Joseph Girard foi o máis certeiro con 32 puntos. Outro mérito dos polacos foi que o Breogán tivo moitos problemas para buscar opcións desde o perímetro, a súa maior fortaleza.

Quedou a sensación de que a remontada lle falaron un par de minutos. Os lucenses pagaron os erros de minutos anteriores. Unha lección importante para a liga ACB que se achega. Perder anotando 110 puntos non é o camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade