Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán quere alongar o seu soño europeo ante o emerxente Manchester Basketball

O Breogán quere alongar o seu soño europeo ante o emerxente Manchester Basketball

O encontro comezará este xoves ás 15:30 horas no Area SamElyon de Samokov

Foto Breogán Foto Breogán
G24.gal 16/09/2026 13:59 Última actualización 16/09/2026 14:06

Tras esmagar ao anfitrión Rilski Sportist búlgaro (126-80) na primeira eliminatoria da fase de clasificación para a liga de Campións, o Río Breogán encara este xoves un desafío moito máis esixente ante o Manchester Basketball, que protagonizou unha das grandes sorpresas ao eliminar ao Wurburg alemán, un dos máximos favoritos para alcanzar a fase de grupos.

O equipo británico mandaba por 16 puntos (58-42) cando quedaban pouco máis de catro minutos para finalizar o terceiro cuarto, pero o Wurzburg logrou remontar e mesmo se puxo por diante (73-72) a falta de poucos segundos para o final. Luke Nelson selou desde a liña de tiros libres o triunfo do Manchester.

Os exteriores americanos Keon Thompson, Chandler Pigge e Chandler Pigge asumen moito protagonismo no xogo de ataque do equipo inglés. Os tres e Luke Nelson -que xogou na ACB coas camisetas de Gran Canaria, Betis ou Manresa- terminaron o duelo ante o Wurburg cunha puntuación de dobre díxitos.

A outra grande ameaza para o Breogán estará na pintura coa presenza do 'xigante' Matt Nicholson. O pivote norteamericano verase co croata Danko Brankovic, que brillou co Breogán ante o Rilski. A achega do montenegrino Ilic e sobre todo o físico Kasibabu serán fundamentais na rotación de Luis Casimiro, que podería forzar a reaparición do base Rasir Bolton.

O encontro, correspondente aos cuartos de final da fase previa da liga de Campións, comezará ás 15:30 horas no Area SamElyon de Samokov (Bulgaria).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade