O Breogán destroza ao Rilski Sportist cunha anotación histórica (126-80)
No descanso os de Luis Casimiro xa gañaban por un claro 57-38
Francis Alonso e Danko Brankovicforon os máximos anotadores con 19 puntos
A próxima cita será o xoves ás 15:30 horas
O equipo lucense saltou á pista impoñendo a súa lei dende o salto inicial. O gran protagonista do arranque foi o pívot croata Danko Brankovic, quen completou un primeiro cuarto pletórico con 13 puntos (incluído un espectacular alley-hoop) e 3 rebotes sen fallar un só tiro. A boa circulación de balón e o traballo no rebote ofensivo permitiron ao Breogán abrir unha fenda temperá (17-4, min. 6). Malia unha pequena reacción do Rilski liderada por Chavdar Kostov aproveitando certa relaxación celeste, unha canasta de Érik Quintela pechou o cuarto cun 25-16.
No segundo parcial, o Breogán volveu pisar o acelerador. A entrada de Aleksandar Aranitovic co seu acerto exterior (dous triplos consecutivos) e a dirección de Dominik Mavra (moi enchufado dende o perímetro) volveron disparar as diferenzas. A intensidade defensiva e o acerto no tiro permitiron ao conxunto adestrado por Luis Casimiro superar os 15 puntos de vantaxe. Tevin Brown tomou o testemuño anotador no treito final e pechou a primeira metade cun triplo sobre a bocina para deixar o marcador nun cómodo 57-38.
Trala reanudación, o Breogán non deu opción á sorpresa. Unha tripla con tiro libre adicional (3+1) de Tevin Brown e o acerto continuo de Mavra puxeron unha diferenza superior aos 25 puntos (76-49, min. 26). O técnico celeste aproveitou para rotar o banco, repartir minutos entre todos os xogadores e manter un ritmo alto en transicións. O Rilski Sportist acusou as perdas de balón e a inferioridade no xogo interior ante a contundencia dos galegos. Francis Alonso e Danko Brankovic anotaron 19 puntos
A próxima cita será o xoves ás 15:30 ante o vencedor do Wurzburg Baskets-Manchester