O Breogán presenta a Vicedo mentres agarda polo visado de Andersson García
O ala pívot Edgar Vicedo ten unha gran experiencia na ACB onde suma uns 300 partidos
O dominicano Andersson García agarda por un certificado de penais dos Estados Unidos
O Río Breogán presentou a Edgar Vicedo, un ala pívot con gran experiencia na ACB. Ao longo da súa traxectoria vestiu a camisola do Estudiantes, o Fuenlabrada, o Unicaja, o Monbús Obradoiro, o Tenerife e o Granada, equipo no que xogou na campaña 24-25. O ano pasado deu un paso atrás para ser un xogador importante en Menorca na Primeira FEB onde promediou 8'3 puntos e 4'9 rebotes.
A presenza de Vicedo, en boa parte débese a que o dominicano Andersson García -co que comparte posición- non chegou a Lugo. Tito Díaz, director xeral do club lugués aclarou a situación de Andersson ao que lle falta un documento, o certificado de penais dos Estados Unidos, para que reciba o visado e poida incorporarse ao Breogán.