Exhibición de España para meterse en semifinais do Mundial de básquet
As españolas gañaron a Australia por 66-89
Na semifinal enfrontaranse a todopoderosa selección de Estados Unidos
España estás nas semifinais do Mundial de baloncesto de Berlín. Gañou a Australia por primeira vez nun partido oficial, cun gran primeiro cuarto de partido no que se impoñían 17-31 e un resultado final de 66-89. Por parte da selección española, a máis destacada foi Alicia Flórez, MVP con 10 puntos, 5 rebotes e 4 asistencias e un 17 de valoración.
A selección dirixida polo vigués Miguel Méndez métese en semis oito anos despois. Na próxima rolda o rival será a todopoderosa selección de Estados Unidos, que no seu encontro de cuartos non deixou nin respirar a Hungría (108-56).
O partido o sábado ás 20h. A outra semifinal é Francia-Alemania.