Publicador de contidos

Publicador de contidos

España asoballa a Nixeria na segunda parte (83-58)

España asoballa a Nixeria na segunda parte (83-58)

Paula Ginzo anotou nove puntos e María Araújo deixou cinco

Nixeria chegou a ir nove arriba no segundo cuarto

O partido era preparatorio para a Copa Mundial de Berlín

G24.gal 22/08/2026 14:09 Última actualización 22/08/2026 14:45

A Selección española de baloncesto feminino superou á campioa de África, Nixeria, por 83 a 58. Os 25 puntos de diferenza non falan das dificultades que se encontraron as rapazas do adestrador galego Miguel Méndez na primeira parte; as nixerianas mesmo chegaron a mandar por nove no segundo cuarto. Pero á volta do descanso a situación virou de xeito radical e as españolas impuxeron o seu físico e encontraron un ritmo de xogo e un acerto desde o perímetro que lles permitiron acabar por levar o partido con comodidade. 

Amais de Miguel Méndez, a Selección conta con Cris Cantero, a adestradora do Celta Zorka. E na cancha, as galegas Paula Ginzo que deixou nove puntos neste partido e María Araújo que anotou outros cinco.

Este domingo España medirase á vixente campioa de Europa, Bélxica.

Ao acabar o partido, Miguel Méndez apuntaba a diferenza de nivel físico como a clave principal do acontecido no segundo tempo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade