España certifica a súa presenza no Mundial 2027
Goleada ante Islandia (6-1) que lle permite defender a coroa no mundial do Brasil
Vicky López foi unha das xogadoras do encontro tras un gran dobrete
Imaxe cedida pola RFEF
No encontro ante Islandia, España certificou a súa clasificación para o mundial de Brasil do ano 2027. A selección pechou a fase de clasificación da mellor maneira posible, con unha goleada. Vicky López foi unha das máis destacadas do partido grazas ao seu dobrete. Apuntáronse á festa Edna, Salma, Pina e Aitana, que tamén marcaron nun partido para enmarcar con un marcador de 6-1.
España regresa á casa co obxectivo cumprido, co soño de estar de novo nun Mundial, que é o cuarto consecutivo. Tratáse da mellor xeración que xamais existiu e a historia vai da man da selección, das actuais campioas do mundo. Dentro dun ano marcharán ao Brasil e pelexarán por poñer a segunda estrela no peito.