Temporada histórica para o baloncesto galego, que viviremos na TVG
Leyma Coruña e Monbús Obradoiro únense ao Rio Breogán na ACB
Baxi Ferrol e Ensino Lugo reciben tamén ao Celta na elite feminina
Na TVG gozaremos dun partido por xornada da Liga Endesa e a Liga Feminina, ademais de todos os derbis
O baloncesto galego vivirá nesta 26/27 unha temporada histórica con tres equipos masculinos na Liga Endesa e tres equipos femininos na Liga Feminina Endesa. Seis equipos na elite do baloncesto español, unha fazaña que non se vivía dense hai máis de 30 anos e que poderemos gozar na Televisión de Galicia e na Radio Galega.
TVG e AGalega.gal ofrecerán cada domingo ás doce do mediodía un partido da Liga Endesa coa presenza dun equipo galego. A participación do Río Breogán, o Monbus Obradoiro e o Leyma Coruña constitúe un fito para o deporte galego, e a TVG acompañará este camiño con toda a súa forza mediática tras o acordo asinado coa ACB para as dúas próximas temporadas.
O primeiro partido será este vindeiro domingo 27 de setembro, desde o Pazo dos Deportes de Lugo, co Río Breogán-Joventut. O equipo catalán, que vén de coroarse campión da Supercopa Endesa, será o primeiro reto dun Breogán xa asentado na máxima categoría.
Ademais, poderemos ver tamén todos os derbis galegos da Liga Endesa e tamén da Liga Feminina Endesa, con Baxi Ferrol, Durán Maquinaria Ensino e Celta Femxa Zorca como tres representantes. Da competición feminina disfrutaremos tamén dun partido por xornada.
Reunimos aos adestradores dos seis equipos para presentar esta ilusionante temporada para o noso baloncesto. A presentación poderá verse na plataforma AGalega.gal.