Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gol para a historia: Vane Sotelo é lenda tras chegar a 100 goles coa selección

Un gol para a historia: Vane Sotelo é lenda tras chegar a 100 goles coa selección

Superou os 99 cos que culminou a súa carreira o bicampión do mundo Javi Rodríguez

A ourensá ten unha traxectoria para enmarcar porque, ademais, foi a primeira goleadora española nun Mundial feminino

Foto RFEF Foto RFEF
G24.gal 11/09/2026 12:49 Última actualización 11/09/2026 12:54

O 9 de setembro de 2026 quedará marcado para a selección española de fútbol sala. Non só para a feminina, senón para o fútbol sala español ao completo. Vane Sotelo converteuse, co seu gol ante Polonia, na primeira xogadora en chegar a 100 goles como internacional, superando os 99 cos que culminou a súa carreira o bicampión do mundo Javi Rodríguez.

A pivote galega volveu mostrar que o seu idilio co gol é algo irrepetible. Con este encontro chegou aos 103 como internacional, mantendo unha espectacular media de case un gol por encontro desde o seu debut en 2014.

Xa no seu primeiro partido, ante Hungria, asinou dous tantos, avisando do que viría despois. Unha listaxe que inclúe dous partidos con cinco tantos (en 2018 contra Romanía e en 2019 ante Eslovenia) e outros catro choques con catro tantos cada un. Unha traxectoria para enmarcar. Foi a primeira goleadora española nun Mundial feminino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade