Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección feminina proclámase campioa mundial sub-20 nos penaltis contra Corea do Norte

A selección feminina proclámase campioa mundial sub-20 nos penaltis contra Corea do Norte

Dúas xogadoras do Deportivo Abanca, Ainos Gómez e Marisa García, forman parte da selección campioa

Marisa marcou o primeiro penalti, e a porteira Laia detivo o definitivo

Foto: EFE
G24.gal 27/09/2026 21:18

España é campioa do mundo sub 20 por segunda vez na historia. A selección reconquistou o título ante Corea do Norte.

Foi nos penaltis logo de que o encontro e a prórroga rematasen sen goles. No equipo, dúas xogadoras do Deportivo Abanca, Ainoa Gómez, titular na final, e Marisa García que tivo dúas boas ocasións na prórroga.

Despois de 120 minutos sen goles, foi precisamente, Marisa a encargada de lanzar o primeiro penalti nunha tanda que lle acabaría dando a vitoria a España cando Laia detivo o último lanzamento de Corea. 4-3 e o mundial sub 20 é para a selección española. 

Foto: EFE Foto: EFE
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade