España acariña a vitoria contra os Estados Unidos na semifinal do Mundial (66-76)
So a falta de acerto nos últimos minutos impediu que as de Miguel Méndez se metesen na gran final
O partido polo bronce, esta tarde (16:30h) contra Alemaña
Durante máis de tres cuartos a España de Méndez, Ginzo e Carrera conseguiu igualar en intensidadde e calidade a semifinal contra a selección estadounidense.
Iyana Martín e María Conde antando desde o perímetro ou penetrando a canastra lideraban a fase ofensiva das españolas, mentres no combinado americano eran Stuar e Cuper as que mandaban no seu ataque.
As xogadoras de Médez dixeron que xogarían este partido ante as favoritas sen medo e así foi.
A selección española tratou de ti a norteamericanas e amosou que os dous baloncestos están cada día máis preto.
Ademais, as estrelas do combinado que dirixe Méndez son aínda moi novas.
A partir das catro e media desta tarde, e fronte as anfitrioas, partido polo bronce.