Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alicia Fernández recarga pilas antes de concentrarse coa selección de balonmán

Alicia Fernández recarga pilas antes de concentrarse coa selección de balonmán

G24.gal 27/06/2026 21:41

Achegarse á orixe. Ao mar da Frouxeira. Valdoviño é refuxio e recarga enerxética para Alicia Fernández: "A miña volta á casa, a Valdoviño sempre será o meu refuxio, tranquila, gozo da praia, da tranquilidade. Enctáname vir a esta preaia e ainda que veño poucos días ao ano, gózoos moito"

Pero o descanso da Guerreira é activo. Alicia non perde a forma. Proba o seu corpo cada día. Porque ela creu que podía xogar coa selección española de balonmán. E debutou hai xa 8 anos. Dende entón acumula 115 partidos coa absoluta. Dous Xogos olimpicos e un subcampionato do Mundo. 

E Alicia suma e segue. Nuns días hase concentrar coa selección coa mira posta no Europeo que se celebrará a finais de ano: "Sempre é unha alegría, encántame poder estar na selección, axudar e participar. Cambiamos de seleccionador este temporada e necesitamos coller moitos conceptos, necesitamos horas de adestramentos e durante a temporada é complicado, así que o verán está ben para facer todas as sesións de adestramento que precisamos."

Con 267 goles, a central galega é a segunda máxima realizadora de España en activo. Ten 33 anos, e é a capitá dunha nova selección: "Creo que agora hai un cambio xeracional importante, ven xente moi nova. Eu sempre que poida estar aí para axudar nese cambio está ben. Non sei ata que momento durará porque teño unha idade e o corpo tamén. Pero mentres poida ir alí e disfrutar estarei contenta"

Ten un ano máis de contrato en Lubin, onde acaba de gañar a triple coroa polaca: Liga, Copa e Supercopa. Despois de 8 anos xogando en Romanía, a adaptación a Polonia foi dificil. Pero se hai un ano custáballe nomear o seu club... Agora xa presume de pronuncia: "Quizais un pouco máis dura que Romanía, é un pais diferente ao que estaba afeita pero a experiencia foi moi boa. O obxectivo era gañar os tres titulos, pero unha cousa é o obxectivo e outra facelo, pero a verdade é que a temporada foi redonda. Conseguimos levar os tres, así que foi fantástico"

Preparándose para novos retos, Alicia tamén reconectou co club Balonmán Narón, compartindo adestramento coa base da que ela mesma saiu: "Sorprendeume que había moitos nenos pequenos e recordaba cando eu empecei que tamen chegamos moitos á vez e é algo moi bo, espero que se manteña" 

Ídolo para os máis novos. Alicia non descoida as súas orixes en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade