Miguel Méndez tentará devolver á elite á selección española de baloncesto
O adestrador galego, con tres galegas na lista, comeza a preparación do Mundial de Berlín que comezará o 4 de setembro
A selección española de baloncesto feminino comeza o vindeiro martes a preparación do Campionato do Mundo. Tres xogadoras galegas están convocados polo seleccionador, o vigués Miguel Méndez, quen colecciona éxitos desde hai xa moitos anos. No seu palmarés hai catro Euroligas e unha manchea de medallas coas diferentes categorías da selección española. Agora tócalle pensar na cita de Berlín que terá lugar no mes de setembro.
Raquel Carrera, Paula Ginzo e María Araújo entraron na primeira lista de Méndez e buscarán consolidarse entre as elixidas. O principal problema será o de acoplar a xogadoras que chegan a última hora como todas as que actúan na WNBA.
No horizonte están Mali, Xapón e Alemaña, países aos que se medirán na primeira fase. O obxectivo, volver a estar na elite -conseguiron tres medallas en campionatos do mundo- despois da ausencia de 2022.