Publicador de contidos

Publicador de contidos

Isma Martínez: compaxinar ser pai con ser adestrador

Isma Martínez: compaxinar ser pai con ser adestrador

O técnico do Balonmán Porriño conta co permiso de paternidade e o apoio do club para seguir

G24.gal 01/08/2026 14:40 Última actualización 01/08/2026 16:14

O Balonmán Porriño deu comezo a unha nova pretempada. Neste caso, unha distinta do habitual. O seu adestrador, Isma Martínez, arranca este novo curso co permiso de paternidade. Conta co apoio de todas as partes do club para seguir.

O adestrador comentounos que lle "agradece moito ao clube" e que ve isto como "un gran esforzo" pola súa parte.

"É o principal motivo polo que me quedo aquí. O compromiso das xogadoras e o cariño que lle teño a este club tamén axudaron a tomar esta decisión, que non foi doada."

Abel Estévez, presidente do club, ve toda a situación como normal. Falou de que ao final "son dereitos de todos os traballadores" e que "Isma merece que o coidamos todo o que podamos" e "criar ao seu cativo co tempo que se merece"

Conta tamén co apoio de todas as xogadoras. Así o mostrou a capitá, Alicia Campos, falando de que ela cre que son "un equipo que comprende perfectamente a situación" e que "hai que comprender as situacións persoais para que a xente este cómoda".

Un comezo distinto nunha tempada ilusionante como é a do 40 aniversario do club porriñés. O que sí é seguro, é que seguirá sendo con Isma Martínez ao mando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade