O Dépor prepara a visita a Malága pendente de Yeremay
Yeremay arrastra problemas de pube, pero xa traballa co grupo
Hidalgo realizará este domingo un último adestramento
O interese do fútbol inglés por Yeremay tensiona ao deportivismo
Con varias frontes abertas na actualidade do club, o Deportivo esfórzase en centrar os seus obxectivos na segunda xornada de Liga. Quedan dez días de mercado, de tensión no deportivismo pendente de amarrar a Yeremay. Porque segue sendo desexado por outros clubs que revisan a cláusula de 140 millóns. Blindaxe estratosférica que non acouga a tensión.
Mentres, o canario deixa atrás a súa pubalxia e xa traballou esta semana co resto do equipo.
Trala esixente pretemporada, todos buscan unhas sensacións físicas mellores que as limitacións que recoñecían tralo primeiro partido.
O mesmo salto de categoría deuno o Málaga, que se estreou cunha derrota por 2 a 0 ante o Atlético de Madrid. E que o luns vivirá o regreso da Rosaleda á Primeira division oito anos despois. Traxectorias parellas. A Rosaleda foi a temporada pasada o peor escenario para o Deportivo. Perdeu alí por 3 a 0 . Nada decisivo. Era a novena xornada, en pleno baixón de resultados. Axiña endereitou o camiño o cadro coruñés. Daquel Malaga consérvase o 80 por cento incluído o adestrador. Nunha aposta dos andaluces pola continuidade para defender o acadado.
O Málaga vén de presentar a súa quinta fichaxe, Pablo Martínez. O centrocampista procedente do Levante podería debutar ante o Deportivo.
O cadro coruñes realizará o domingo a última sesión de traballo en Abegondo. Despois saberase se Yeremay estrea convocatoria para viaxar pola tarde a Málaga.