Publicador de contidos

Publicador de contidos

800 coches usados ou de quilómetro cero á venda no salón do vehículo de ocasión de Santiago

800 coches usados ou de quilómetro cero á venda no salón do vehículo de ocasión de Santiago

Eléctricos e híbridos van gañando espazo, pero hai máis ofertas de coches de gasolina e diésel

G24.gal 25/10/2026 14:36

Uns 800 coches están á venda na décimo oitava edición do salón do vehículo de ocasión que remata este domingo en Santiago.

Coches utilitarios ou deportivos, para todos os gustos e todos os petos.

"Do máis económico que está nos 11.00 euros ao máis caro que temos en 105.000. A nosa especialidade é traballar un coche seminovo, con dous ou tres anos, case sempre por debaixo de 100.000 quilómetros, que aínda lle queden moitos anos de vida e que sexa bastante actual, pero ao mesmo tempo que o cliente poida aforrar un 40 ou un 50% do seu custo de novo", detalla Ángel Domínguez Méndez, xerente de Galaicar.

A oferta de híbridos e eléctricos vai aumentando, pero aínda se venden máis os diésel e, sobre todo, os de gasolina.

"Estaba buscando un coche bastante fiable, diésel porque fago moitos percorridos ao longo do día e bastantes quilómetros".

"Temos a dúbida se híbrido ou eléctrico. Estamos nesa busca, vemos que a maior oferta é de gasolina ou diésel. E os prezos están moi ben, estiven vendo dentro ofertas da feira cun desconto bastante xeitoso", contan varios curiosos.

O organizador do salón calcula que venderán uns 200 coches nos catro días que leva aberto.

"O máis demandado adoita ser o SUV e os coches familiares. Un factor importante é o tema do prezo e os máis demandado entre os 15.000 e os 25.000 euros, que son os que máis temos, así como moitísimos de quilómetro cero, coches novos a estrear pero con matrícula porque moitos só teñen os quilómetros de traelos para aquí", explica Fabián Saavedra, organizador da feira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade