Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un percorrido pola riqueza apícola da Serra da Enciña da Lastra

Un percorrido pola riqueza apícola da Serra da Enciña da Lastra

A ruta do mel de Rubiá forma parte da programación V Nove que busca potenciar os recursos turísticos dos concellos que forman parte da comarca de Valdeorras

Este xeodestino incrementou nun 43% o número de visitantes e nun 65% as pernoitas durante os oito primeiros meses do ano

G24.gal 25/10/2026 19:45

O clima e o chan desta serra de Ourense convértena nun lugar único onde atopamos a maior concentración de covas kársticas de Galicia e unha ampla diversidade de especies, entre elas 28 tipos distintos de orquídeas.

Cristina Sánchez. Educadora ambiental Parque Natural Serra Enciña da Lastra. " Unha veta de pedra caliza e unha clima moi semellante ao mediterraneo fai que medre aquí un bosque que non atopamos no resto de Galicia"

Un bosque cun gran potencial apícola como amosa esta alvariza con máis de douscentos anos que agora se está a reconstruir para acoller novamente colmeas.

Antonia Franco. Apicultora "nótase na zona porque hai abellas silvestres e onde hai esas abellas a natureza aínda funciona bastante ben"

Antonia é a quinta xeración de apicultores. Hoxe amósalles aos visitantes os segredos deste mel. Imposible non probalo antes da cata oficial.

 "Case o 90 por cento é de flor de castaño e o resto son herbas aromáticas que hai no parque e o final ten un toque especial que é o hinojo, que hai moito aquí"

A ruta forma parte dun itineario para promover os recursos turísticos desta zona.

Vanesa Yáñez. Organizadora do itinerario V Nove "Percorre os nove concellos da comarca de Valdeorras pondo en valor os puntos fortes de cada concello co fin de que nos coñezan".


Xosé Merelles. Director de Turismo de Galicia "E que medre o número de visitantes, esta comarca foi a que máis creceu de toda Galicia durante o verán."

Ata setembro rexistrou un 43 por cento máis de turistas e dobrou o número de visitantes extranxeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos